//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro coa súa homóloga cántabra, María José Saénz de Buruaga, no que ambos reafirmaron a súa alianza común en relación a un financiamento autonómico equitativo e á xestión equilibrada do lobo. Os mandatarios subliñaron a boa sintonía entre os territorios e acordaron traballar xuntos polo desenvolvemento territorial e o benestar dos idadáns. Rueda e Buruaga reiteraron o seu compromiso coa Declaración de Santiago, que en novembro de 2021 asinaron oito comunidades autónomas de diferentes signos políticos, para reclamar un modelo negociado multilateralmente e baseado no custo real dos servizos públicos e en outros criterios obxectivos.
O Foro é un espazo de participación e diálogo permanente entre as Administracións públicas, estatal, autonómicas e locais, e a sociedade civil. O seu obxectivo é fomentar unha cultura de gobernanza baixo os principios de transparencia, integridade, rendición de contas e participación cidadá para apoiar a democracia e o crecemento inclusivo. O Pleno está a preparar o V Plan de Goberno Aberto 2025-2029, e Galicia xa remitiu os seus compromisos, que se centran en impulsar e fortalecer a participación da cidadanía, continuar mellorando na transparencia, a calidade e a accesibilidade da información, profundar na simplificación dos procedementos administrativos e impulsar a súa dixitalización e automatización.
A finais do mes de xaneiro o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico enviou á Consellería un documento denominado Caso de estudo Sogama para analizar a aplicación que se está a facer en Galicia do novo imposto sobre o vertido e a incineración. Tras advertir de que os servizos xurídicos da Consellería analizarán con detalle o alcance e posibles repercusións deste estudo, Ángeles Vázquez lamentou que o Estado ignore as dificultades que están a pasar moitas administracións locais e defenda como única opción que se repercuta sobre elas o 100% dos novos impostos estatais de residuos co argumento de que asumilos en parte pola Xunta 'contravén o efecto' co que foron concibidos e de que 'non está claro que esta vía sexa a máis efectiva'.
A directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, compareceu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento onde avanzou que a Xunta vai poñer en marcha nos vindeiros meses a Oficina de Cambio Climático de Galicia co fin de facer un seguimento das medidas do II Plan Rexional Integrado de Enerxía e Clima 2030 (PRIEC). Ambos instrumentos buscan consolidar os avances na loita contra o quecemento global acadados nos últimos anos e que a comunidade siga sendo un referente a nivel nacional como refuxio climático, o que contribuirá a acadar a neutralidade climática en 2040.
A Xunta insta ao Goberno central a concluír xa o traspaso dos recursos precisos para que Galicia poida exercer as súas competencias sobre o litoral. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reclamou hoxe no Parlamento ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática axilidade no procedemento para concretar os medios materiais e persoais así como a valoración do custo efectivo asociado para que a Comunidade poida exercer a ordenación e a xestión sobre a costa. Nesa liña, a conselleira explicou que o ministro, Ángel Víctor Torres, respondeu o pasado día 7 de febreiro á carta que lle enviara o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o 17 de xaneiro sobre esta cuestión.
A xestión integrada do litoral require preservar a costa en beneficio das xeracións presentes e futuras e, para acadar ese obxectivo, cómpre garantir que as actividades que se van realizar na costa permitan un desenvolvemento integral desde o punto de vista ambiental, social e económico. Nesa liña, as DOL establecerán criterios xerais coherentes e precisos -que serán regulados, posteriormente, por diversos plans de ordenación- para dotar a comunidade dunha regulación coordinada e garantir a seguridade xurídica na ordenación e xestión do litoral.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o de Aragón, Jorge Azcón, avogaron hoxe por un modelo de financiamento autonómico xusto e solidario, seguindo os principios da Declaración de Santiago que asinaron estas comunidades e outras seis en 2021. Ademais, tamén reclamaron que a reforma sexa negociada de forma multilateral. Rueda e Azcón mantiveron hoxe un encontro institucional, tras o que asinaron un documento no que ratificaron que ambas comunidades seguirán defendendo un sistema de financiamento baseado nos principios da Declaración asinada hai algo máis de 3 anos. 'Os problemas que se detectaron nese momento non só se manteñen, senón que se agudizaron', reflexionou Rueda.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o restablecemento completo do viaduto do Castro mellorará as conexións de Galicia coa meseta tras máis de tres anos de obras. 'Hoxe é un día moi importante para Galicia, Castela e León e toda España porque esta infraestrutura vertebra ao noso país e une dúas comunidades irmáns', salientou. O titular do Executivo galego participou hoxe no acto de reapertura desta infraestrutura, no que tamén estiveron presentes o ministro de Transporte e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, e o presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco. Rueda destacou que a posta en marcha deste treito supón unha 'boa noticia' para 'os cidadáns, os transportistas e as empresas'.
O Consello aprobou o Plan de axilización e simplificación dos trámites de dependencia e discapacidade, dotado de 90 millóns de euros, que busca entre outras cuestións reducir as esperas á hora de recibir unha prestación e garantir que ningunha persoa agarde máis de seis meses desde que presenta a solicitude e ata que se lle concede o servizo ou axuda necesaria. Nesta liña e coa finalidade de axilizar ao máximo os trámites, vaise reducir a burocracia e a partir de agora só haberá que presentar unha única solicitude na que xa haberá a información familiar e social do solicitantes para poder resolvela coa máxima celeridade.
Galicia solicitou hoxe no Senado que as comunidades autónomas poidan realizar accións de control puntual sobre o lobo así como a revisión do nivel de protección desta especie para adaptalo á realidade de cada territorio. Durante a súa intervención no debate sobre a xestión do lobo na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas da Cámara Alta, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, insistiu na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques que provoca que algunhas explotacións xa sexan inviables desde o punto de vista económico.
Entre as primeiras iniciativas de En Marea no Parlamento de Galicia destacan a petición dunha Renda Básica para a Cidadanía, unha Lei de Comarcalización, a defensa dos traballadores de Extel e do Banco Pastor-Popular e a comisión de investigación de Angrois.
A deputada de En Marea Yolanda Díaz denuncia que o cargo está vacante desde o 15 de xullo cando Ramón Aguirre presentou a súa renuncia.
O portal de transparencia do Concello de Lugo recibiu máis de 2.500 visitas dende a súa posta en funcionamento o pasado mes de maio. Nos tres meses que leva activo este portal houbo 975 visitantes distintos, que visitaron o portal cunha duración media da sesión de 1 minuto e 25 segundos, vendo unha media de 2,23 páxinas.
A Marea do Pobo, candidatura que se presenta ás primarias de En Marea nas provinciais de A Coruña, Lugo e Pontevedra, presentou hoxe en rolda de prensa, diante do Museo do Pobo Galego, en Compostela, o proxecto político, económico e social que vén condensado ao redor dun documento 25 propostas para un goberno de esquerdas o 25 S.
O Concello de Redondela, en co-producción coa compañía Nelson Quinteiro Cabaret ven de presentar o programa do IX Festival Galego de Cabaré, que co slogan Mergúllate nas calores do verán ofrecerá durante a derradeira semana de agosto unha programación única no panorama estatal en torno ao cabaret, o burlesque ou o swing.
El Secretario de Organización, Fran Hervías, ha informado de los resultados de la recogida de avales para concurrir a las primarias y ha recordado que el número mínimo de avales en Galicia era de 93. Atendiendo a los resultados, Cristina Losada ha salido elegida candidata a la presidencia de la Xunta de Galicia, tras haber conseguido 190 avales, siendo la única precandidata en conseguir los avales mínimos requeridos.
A eurodeputada Lidia Senra considera que "dicir só que hai que reformar a UE non vale. Hai que refundala, construír a Europa dos pobos. A galega chamou no pleno extraordinario europeo a respectar a vontade do pobo inglés, escocés e irlandés nos seus diferentes resultados acadados no referendo.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou que a gobernabilidade de España se facilitaría se quen goberna é quen ten o maior respaldo da cidadanía, que de acordo coas eleccións e co que vamos coñecendo das análises demoscópicas é o Partido Popular.
O texto que debe aprobar o Congreso debe garantir, entre outras cuestións, a protección do posto de traballo, os servizos xurídicos asegurados, a prestación de asistencia psicolóxica e médica, e a preservación do anonimato. Esta demanda parte da Plataforma X La Honestidad.
O titular da Xunta preside a celebración do 11º plenario do Consello das Comunidades galegas, os días 27 e 28 de maio, no histórico palacio do Centro Galego da Habana. Feijóo viaxa a Cuba para reforzar as comunidades galegas no exterior e trasladar ao pobo cubano que Galicia quere formar parte do proceso de actualización do país.