
Os deputados e deputadas de En Marea da X Lexislatura acudiron ao Rexistro do Parlamento Galego para entregar as credenciais e recoller as actas de parlamentarios.
Trala presentación das credenciais, o portavoz de En Marea espuxo cales van ser as liñas prioritarias do grupo parlamentario durante os primeiros meses. Estarán encamiñadas a buscar o crecemento económico vinculado ó benestar social, á loita contra a probreza e a exclusión social e en terceiro lugar a loita contra a corrupción, sinalou Luís Villares.
Estes eixos de actuación canalizaranse a través das primeiras iniciativas. Entre elas destaca a esixencia dun Plan integral de loita contra a pobreza que poña fin aos desafiuzamentos, que acabe coas causas máis graves de exclusión social (600 mil persoas viven hoxe en risco de exclusión social en Galicia e 30 mil en risco de exclusión material severa) e que poña fin á pobreza enerxética. Non permitiremos que nos fogares galegos, coa chegada do invernos, se corte a electricidade a unha soa familia, lembrou o portavoz do grupo parlamentario. En Marea tamén reclamará unha Renda Básica de Cidadanía. Cómpre incluír novos factores para o RISGA para que sexan realmente rendas de integración social completa, incidiu Villares.
Como terceira iniciativa destacada estará o plantexamento dunha Lei de Comarcalización para asegurar que todo o mundo con independencia do lugar no que viva vai ter acceso a todos os servizos esenciais de carácter básico e que inclúa a posta en marcha dunha lei para a área metropolitana da Coruña, para todos os servizos de carácter supramunicipal nesta área.
En materia de transparencia En Marea reclamará no Parlamento Galego unha comisión de investigación de Angrois. O grupo parlamentario tamén trasladará ao Parlamento Galego todos os conflitos laborais que están neste momento de actualidade. A defensa dos postos de traballo neste país será unha constante que traeremos ao Parlamento dende o primeiro momento, declarou o portavoz de En Marea.
A vindeira cita que teñen os deputados na Cámara Galega será o venres, 21 de outubro, data na que se constituirá oficialmente o novo Parlamento Galego da X Lexislatura.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.