
Así, fixeron fincapé na necesidade de que a reforma do sistema de financiamento se aborde de xeito multilateral. Pedimos que o que é de todos se discuta e se reparta entre todos, apuntou o presidente galego, quen tamén demandou que se destinen os recursos necesarios para cubrir o custo real dos servizos, que se ven encarecidos en ambas comunidades por circunstancias como o envellecemento ou a dispersión. Como exemplo, citou que Galicia concentra a metade dos núcleos de poboación de toda España.
Ademais de financiamento, no encontro ambos presidentes tamén abordaron a necesidade de seguir potenciando unha transición xusta apoiada nas enerxías renovables, un sector no que ambas comunidades son líderes. Rueda apuntou que actualmente hai un problema grande coa planificación eléctrica do país, e apuntou que as industrias ou proxectos futuros precisan que dunhas infraestruturas enerxéticas que lle dean servizo. Por iso, pediu que a planificación enerxética do Goberno central se adapte ao ritmo de creación de riqueza de Aragón e Galicia.
En materia de sanidade, Aragón mostrou o seu interese en coñecer o sistema de compra centralizado de materiais que se aplica en Galicia. Neste sentido, Rueda reivindicou a eficacia deste sistema, que permitiu un aforro desde 2020 duns 50 millóns de euros.
No referente á intelixencia artificial, ambos presidentes autonómicos coincidiron na importancia de aproveitar todas as súas potencialidades, especialmente aplicadas á mellorar o servizo que se presta á cidadanía a través da administración. De feito, este é un dos obxectivos da futura Lei de intelixencia artificial de Galicia, xa aprobada no Consello da Xunta e que converte a esta comunidade na primeira rexión europea en regular o uso desta tecnoloxía.
Por último, en materia de turismo, Rueda destacou que tanto Aragón como Galicia ofrecen un turismo moi buscado hoxe en día, baseado nas experiencias, e reivindicou o Camiño de Santiago como un motor turístico. Neste sentido, destacou a necesidade de seguir traballando en rede para potenciar esta ruta, que atravesa distintas comunidades.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.