Noticias

Galicia participa na elaboración do V Plan de Goberno Aberto para afondar na transparencia, a participación cidadá e a rendición de contas

O Foro é un espazo de participación e diálogo permanente entre as Administracións públicas, estatal, autonómicas e locais, e a sociedade civil. O seu obxectivo é fomentar unha cultura de gobernanza baixo os principios de transparencia, integridade, rendición de contas e participación cidadá para apoiar a democracia e o crecemento inclusivo. O Pleno está a preparar o V Plan de Goberno Aberto 2025-2029, e Galicia xa remitiu os seus compromisos, que se centran en impulsar e fortalecer a participación da cidadanía, continuar mellorando na transparencia, a calidade e a accesibilidade da información, profundar na simplificación dos procedementos administrativos e impulsar a súa dixitalización e automatización.

Galicia participa na elaboración do V Plan de Goberno aberto para afondar na transparencia, a participación cidadá e a rendición de contas. O director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro, representou á Xunta por videoconferencia no Pleno do Foro de Goberno Aberto que tivo lugar hoxe en Toledo.

O Foro é un espazo de participación e diálogo permanente entre as Administracións públicas, estatal, autonómicas e locais, e a sociedade civil, que participan con igual número de representantes. O seu obxectivo é fomentar unha cultura de gobernanza baixo os principios de transparencia, integridade, rendición de contas e participación cidadá para apoiar a democracia e o crecemento inclusivo.

O Pleno está a preparar o V Plan de Goberno Aberto 2025-2029 que debe aprobarse este ano. Galicia xa remitiu os seus compromisos, que se centran en impulsar e fortalecer a participación da cidadanía, continuar mellorando na transparencia, a calidade e a accesibilidade da información, profundar na simplificación dos procedementos administrativos, impulsar a súa dixitalización e automatización e dar un pulo ao ofrecemento e prestación de servizos públicos de forma proactiva á cidadanía, co obxectivo de conseguir unha administración máis personalizada, áxil e próxima.

Tamén se avaliou o plan que rematou o ano pasado, no que Galicia asumira 22 compromisos dos que unha ampla maioría (preto do 82%) están finalizados e un 9% máis case completados.

O Pleno do Foro ocupouse tamén da preparación da Semana da Administración Aberta, na que a Xunta participa desde hai anos organizando actividades e xornadas de participación social nas que se implican o conxunto das consellerías. O ano pasado, Galicia organizou 21 actividades que contaron con máis de un milleiro de participantes nos diferentes eventos, desde xornadas de portas abertas ata procesos participativos, accións formativas e presentacións de ferramentas web.

R., 2025-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES