
Na carta, o ministro comprométese a continuar sen demora con este proceso e, de feito, segundo indicou Ángeles Vázquez, este luns o Goberno galego recibiu unha proposta respecto a algúns medios persoais e materiais -só vehículos- a transferir.
Nese senso, a conselleira incidiu en que se trata dun documento moi inicial na que faltan unha valoración dos medios, cargos e inmobles; os expedientes contractuais en trámite e a consignación orzamentaria correspondente.
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ademais de estudar esa proposta, está a comparala con outras transferencias feitas neste eido a outras comunidades autónomas. "Galicia vai defender coa mesma vehemencia as nosas competencias e os nosos dereitos, aseverou Ángeles Vázquez.
Durante a súa resposta a unha pregunta oral, a conselleira amosou a súa confianza en que o tempo de espera non sexa doutros dous meses e que o traspaso se poida concretar antes do 23 de abril, que é a data na que se cumpre un ano do aval do Tribunal Constitucional á Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga).
Logo de insistir en que a Loxilga é unha norma que abre a porta ao resto das comunidades autónomas, a conselleira fixo fincapé en que a Xunta leva dez meses traballando desde a lealdade e a transparencia para poder exercer as súas competencias no litoral de forma efectiva.
Así, no último trimestre de 2024 constituíuse a Comisión interdepartamental de coordinación da ordenación do litoral, á que lle compete a coordinación da elaboración destas directrices así como dos instrumentos que as desenvolverán, e avanzouse, a través do seu sometemento ao procedemento de consulta pública previa, na creación do Foro do litoral, como órgano de asesoramento.
Así mesmo, xa está en marcha a elaboración das Directrices de Ordenación do Litoral, cuxo obxectivo é o de fixar os criterios para xestionar as actividades humanas que se poden desenvolver, e as que non, na franxa costeira. Na actualidade, e ata o vindeiro 31 de marzo, está aberto o procedemento de consulta pública previa para recompilar achegas e suxestións da cidadanía, entidades e administracións en relación á súa elaboración e contido.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.