Notas de prensa

Ana Pontón lidera unha candidatura de consenso que aspira a fortalecer a recuperación social do BNG

“Compromiso para facer política con maiúsculas e devolverlle a esperanza ás persoas que a perderon nestes anos de crise”, proclamou Ana Pontón de cara á celebración da XVI Asamblea Nacional do BNG. Consolida a renovación xeracional desde unha lista elaborada coas propostas das bases que será votada pola militancia.

“É a candidatura da militancia, do consenso que conseguimos trazar entre todos e todas, un valor de fortaleza para seguir camiñando neste tempo novo”. Así definiu Ana Pontón a lista de unidade que encabeza a actual portavoz nacional, que será sometida á votación das bases na cita asemblearia que o BNG celebra co lema En Bloque cara a un tempo novo.

“As persoas que formamos parte desta candidatura estamos aquí porque a militancia propuxo os nosos nomes”, proclamou Pontón no acto de presentación, no que agradeceu o compromiso “de todos os compañeiros e compañeiras que asumimos o reto de consolidar o tempo novo aberto fai un ano, no que mantivemos un intenso debate, analizamos erros e acertos, rectificamos e iniciamos un camiño que nos permitiu recuperar apoio social e electoral que aspiramos a fortalecer”.

A candidatura liderada por Pontón consolida o relevo xeracional iniciado fai un ano incorporando un nutrido grupo de persoas por debaixo dos 40 anos, sen renunciar á experiencia de militantes que atravesaron por distintos momentos do BNG. Igualmente, subliñou a importante presenza das mulleres, maioría entres os 19 primeiros postos que conformarán a futura Executiva nacional.

Pontón proclamou que as persoas que aspiran a dirixir o BNG nos próximos tres anos queren facer “política con maiúsculas”, para devolverlle a esperanza a todas as persoas que a perderon durante os anos da crise.

“Afrontamos o reto de coller da man a todas esas persoas que perderon a confianza durante a crise e devolverlles a esperanza”, indicou a dirixente nacionalista, co compromiso de “facer existir politicamente a Galiza, reverter a perda de peso no Estado, poñer o foco nos problemas do país e traballar para construír un futuro mellor para os galegos e das galegas sabendo que para iso precisamos poder político real”, concluíu.

Gabinete de Comunicación de BNG, 2017-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES