Noticias

A sanidade pública galega conta hoxe co dobre de profesionais de saúde mental que en 2009

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, destacou esta mañá no Parlamento de Galicia que a Xunta porá en marcha este ano a Rede de Psicoloxía Clínica en atención primaria, unha medida que posibilitará a contratación de 14 novos psicólogos clínicos que se engaden aos 7 profesionais deste ámbito sanitario que actualmente desempeñan o seu labor nos centros de saúde galegos. O director xeral remarcou que o obxectivo do Goberno galego é acadar a cifra dos 50 psicólogos clínicos no ano 2030. Segundo explicou Silva, a sanidade pública galega conta hoxe en día con case o dobre de profesionais da saúde mental que no ano 2009.

Explicou que a media diaria de profesionais deste ámbito en 2009 era de 285, mentres que en 2024 esta cifra se incrementou ata os 557, o que supón un incremento do 95,4 %. Referiu que en 2024 se atenderon 477.471 consultas relacionadas coa saúde mental”, o que supón case 250.000 máis que en 2009.

No marco da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, Silva incidiu no compromiso da Xunta coa saúde mental da poboación galega. Así, lembrou que a primeira medida adoptada nesta lexislatura foi a creación Subdirección Xeral específica para optimizar este ámbito sanitario.

O Servizo Galego de Saúde está a deseñar un novo Plan de Saúde Mental de cara á planificación dos vindeiros anos. Así, segundo detallou o director xeral de Asistencia Sanitaria, este mesmo martes un grupo de traballo multidisciplinar comezou a traballar na definición dun novo modelo asistencial e na carteira de servizos que desenvolverá.

Alfredo Silva apuntou que entre as medidas nas que traballa o departamento sanitario galego se atopa o aumento da idade psiquiátrica infanto-xuvenil ata os 18 anos ou a creación dun programa de transición á idade adulta.

Nesta liña, avogou pola continuidade dos programas postos en marcha durante os últimos anos que inciden no coidado da saúde mental desde a xuventude, en alusión ao Proxecto YAM e ao Protocolo de prevención da conduta suicida que desenvolven conxuntamente as consellerías de Sanidade e de Educación e que posibilitan contar cunha vía rápida de atención aos menores.

Por último, incidiu en que o Goberno galego está a poñer todo da súa parte para integrar no Servizo Galego de Saúde as Unidades de Atención ás Drogodependencias, actualmente de titularidade municipal.

“A sanidade pública galega conta con case o dobre de profesionais de saúde mental que no 2009, con novas unidades especializadas e con novos programas asistenciais”, concluíu o director xeral de Asistencia Sanitaria.
Éxito do Plan de Saúde Mental 2020-2024

Durante a súa intervención, Alfredo Silva detallou algúns dos obxectivos acadados co Plan de Saúde Mental 2020-2024. Trátase dun plan que estaba dotado cun investimento de 83 millóns de euros e que posibilitou a creación de 244 prazas nas diferentes especialidades da saúde mental.

En concreto, creáronse 47 prazas de psicólogo clínico (cunha cobertura do 100 %) e 60 prazas de psiquiatría das que, soamente unha delas no se logrou cubrir, até o de agora.

O director xeral remarcou que en comparación co ano 2009 a rede sanitaria pública galega incremento a media diaria de facultativos especialista en psicoloxía nun 73,9 % e en máis dun 21 % o número de psiquiatras.

Alfredo Silva remarcou que o compromiso da Xunta coa saúde mental non se limitou a incorporación de máis persoal, senón que tamén supuxo a creación de novas unidades especializadas como as de Ordes, Tui, Oleiros ou Ponteareas; a posta en marcha de 7 unidades de prevención intensivas do suicidio (unha por área); ou a dotación de hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenil nas sete área sanitarias.

R., 2025-05-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European Researchers’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES