
A chegada de Donald Trump á Casa Branca centra no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a temática do coloquio Donald Trump: Cara a onde soprarán os ventos, un foro organizado no marco dos Encontros Internacionais: Cultura e Política, no que intervirán como relatores o profesor ad honorem da Facultade de Humanidades da USC Max-Jean Zins e o tamén docente no centro universitario lugués Jesús Varela Zapata.
O xornalista e vicepresidente da Asociación da Prensa de Lugo, Antón Grande, é o encargado de moderar esta sesión, un foro de entrada libre e gratuíta para todo o público interesado, no que os dous relatores convidados abordarán algúns dos aspectos xeostratéxicos da política impulsada polo actual presidente estadounidense.
A comparación entre o actual xiro político que implica a suposta alianza entre EE.UU. e Rusia fronte a China fronte acaecido na década dos anos 70 do pasado século XX, cando Nixon optou en favor de China contra Rusia, será un dos puntos de debate no marco deste foro, que tamén analizará as implicacións do cambio político actual no eido da política económica. As novas tensións xurdidas na política interior de Estados Unidos, en parte relacionadas coa posición frontal contra a emigración musulmana e mexicana de Trump, tamén serán obxecto de análise nesta sesión.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.