Noticias

Galicia reclama máis participación na xestión dos fondos europeos e que se reparta ás comunidades parte dos aranceis recadados

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reclamou hoxe para Galicia unha maior participación na xestión dos fondos europeos ao considerar que 'son un mecanismo importantísimo para loitar nesta guerra comercial', e demandou que se reparta ás comunidades autónomas 'todo ou parte' dos aranceis recadados en España. 'É clave a participación que reclamamos as comunidades autónomas nas decisións respecto de a onde e como se xestionan os fondos', subliñou Lorenzana, logo de asistir esta mañá ao pleno do Consello Interterritorial de Internacionalización convocado polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa.

A conselleira explicou que, pese a que o impacto directo respecto ás exportacións en Galicia é menor do 3 por cento, tal e como xa avanzara a Xunta e confirmou hoxe o Ministerio, a problemática principal, con carácter xeral, está no efecto indirecto e o derivado da reconfiguracion das relacións comerciais de terceiros países con EEUU.

Neste contexto, considerou imprescindible para Galicia ter un coñecemento directo das medidas que se están adoptando por parte do Estado, “para traballar de maneira complementaria no apoio que deamos as comunidades autónomas”, dixo. Ao respecto, solicitou a elaboración dun plan estrutural integral para reforzar a competitividade da industria en España e en Europa. Para isto, avogou por traballar en medidas como o Proxecto de Lei de industria e autonomía estratéxica e en reforzar o binomio entre a enerxía e a industria.

Así mesmo, tamén destacou a necesidade dun plan de coordinación e reforzo das políticas aduaneiras e de mercado: “Temos que defender os produtores europeos garantindo que as novas importacións que se produzan derivadas da recolocación das relacións comerciais cumpran os estándares de seguridade e ambientais europeos”, dixo.

Lorenzana agradeceu a colaboración do Goberno central e concluíu pedindo a implicación, tamén, doutros ministerios como o de Industria e dos sectores produtivos primarios que, para Galicia, dixo, son fundamentais.

R., 2025-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES