
O alcalde recoñeceu a súa preocupación despois da reunión que o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, mantivo en Madrid co director xeral de Estradas do Ministerio de Fomento. Martiño Noriega recoñeceu que, nese encontro, "Fomento manifestou dúbidas sobre se a actuación en superficie na rotonda de Conxo é unha prioridade para Santiago". O rexedor insistiu en que "non se trata de modificar agora a orde de prioridades, senón de cumprir un compromiso que estaba adquirido, cun anteproxecto presentado á veciñanza e cun orzamento definido".
O alcalde confía en aclarar os plans con respecto á rotonda de Conxo nesa reunión co ministro de Fomento, co que tamén quere abordar a situación do enlace orbital. Ao respecto, Martiño Noriega considera que "a sensación da xuntanza celebrada onte é positiva, porque se mantén o compromiso de executar os enlaces do norte, e orzamentalos nos próximos dous ou tres exercicios".
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.