
A Coordinadora das Mareas mantivo a súa primeira reunión de traballo, unha reunión que pon en marcha o desenvolvimento das áreas a través das que se irá organizando o traballo político da organización.
Como primeiras decisións e seguindo o marcado nos documentos do Consello das Mareas, está creación de dúas vicevoceirías, unha de carácter orgánico e outra que se ocupará da acción política.
A proposta que a coordinadorá levará ao Consello das Mareas para asumir a responsabilidade destas dúas vicevoceirías son a de Victoria Esteban para a vicevoceiría de Organización, e Ana Seijas para que se responsabilice da Acción Política.
Entre os cometidos que de maneira inmediata acometerá a coordinadora están a recompilación de todos os documentos políticos de En Marea para a súa publicación na web. Tamén se porá en marcha a tramitación dos espazos de transparencia e a publicación da carta financeira.
A Coordinadora das Mareas porá en marcha as áreas de traballo que terán características sectoriais, transversais e territoriais.
Entre os cometidos que tamén terán caracter inmediato para a coordinadora se iniciará o proceso de dotar á organización dunha estrutura territorial para En Marea.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.