//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
Galicia, once comunidades autónomas -Andalucía, Cantabria, A Rioxa, Rexión de Murcia, a Comunidade Valenciana, Aragón, Canarias, Estremadura, Illas Baleares, Madrid e Castela e León- e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla veñen de enviar unha carta á comisaria europea de Medio Ambiente, Resiliencia Hídrica e Economía Circular Competitiva, Jessika Roswall, na que defenden o rigor técnico da súa xestión do lobo e denuncian a actitude arbitraria do Goberno central nesta materia, que pretende declarar o estado de conservación desta especie como desfavorable cando os datos científicos indican que é favorable.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o Plan para o impulso da atención á diversidade de Galicia que se comezará a aplicar xa desde o vindeiro curso 2026-27 e contará 'cun importe de 118 millóns de euros ata 2030'. Unha folla de ruta que incluirá o reforzo do número de profesionais e novos recursos, así como melloras na organización e no traballo de xestión en prol dunha maior axilidade e eficiencia. A través deste plan da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, dáse un novo paso na calidade da educación inclusiva e personalizada do sistema educativo galego.
O Executivo galego, na súa reunión de hoxe, deulle luz verde ao inicio da consulta pública previa á redacción deste anteproxecto de lei que establecerá un marco xurídico moderno, integral e adaptado ás necesidades actuais da saúde pública de Galicia. A través do proceso de consulta pública recolleranse as achegas da cidadanía e dos axentes implicados á redacción da norma. 'Queremos modernizar o marco xurídico en materia de saúde pública para responder aos desafíos actuais', indicou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, quen falou dos novos riscos 'sanitarios e ambientais'.
Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.
Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifícase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.
O presidente da Xunta informou de que a Xunta vén de solicitar ao Goberno central 'que suspenda de inmediato a reforma do Regulamento de Costas' porque 'invade competencias exclusivas de Galicia e vulnera os dereitos dos titulares de concesións do litoral'. O Goberno autonómico lembra que, nos termos actualmente previstos, este regulamento non se adecuaría ás exixencias da Comisión Europea nin ao propio Dereito comunitario.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.
A Xunta de Galicia trasladou á Comisión Europea (CE) a súa inquedanza ante a reforma do Regulamento Xeral de Costas que está a impulsar o Goberno central, xa que unha vez analizado xuridicamente o anteproxecto en tramitación conclúe que é contrario a dereito xa que incumpre a lexislación española, ademais de ignorar a opinión das comunidades autónomas competentes na materia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, aproveitou a súa viaxe a Bruxelas para reunirse con varios membros da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e PEMES da CE, aos que lles entregou un informe sobre a análise xurídica realizada pola Xunta do anteproxecto de Real Decreto de modificación do Regulamento de Costas.
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, trasladou esta mañá á Comisión Europea, a necesidade de que o novo marco financeiro teña en conta o papel das rexións, aposte por unha xestión descentralizada dos fondos comunitarios e manteña unha política de cohesión forte no continente. Rueda, como presidente da delegación española no Comité Europeo das Rexións, mantivo unha reunión co resto de representantes nacionais e a presidenta do organismo, Kata Tüttő, co fin de fixar 'unha postura común'. Nela, lembrou as demandas de España cara o novo modelo de financiamento, que xa foron recollidas na Declaración de Galicia aprobada en outubro.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.
Unha única facultade por universidade que coordinará todos os centros que imparten o Grao en Enfermaría e que integrará as escolas adscritas. Esta é a esencia do Plan de mellora do ensino universitario de enfermaría cuxo protocolo asinaron este mércores en Santiago o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, Juan José Nieto Roig e os reitores das universidades de Vigo, Manuel Reigosa; Santiago de Compostela, Antonio López e A Coruña, Ricardo Cao.
Investigadores do Observatorio da Gobernanza G3, da Facultade de Dirección e Xestión Pública, traballan xunto co profesor da Universidade de Sao Paulo (USP) Fernando Coelho no desenvolvemento dun modelo de análise das administracións públicas españolas e brasileiras, que permita realizar estudos comparados sobre o desenvolvemento de políticas en diferentes eidos.
A Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia presentaron o 'Estudo sobre a delimitación competencial no ámbito da Administración Local de Galicia', froito dun acordo entre ambas as entidades co obxectivo de clarificar as competencias das administracións territoriais cara a unha prestación eficiente dos servizos públicos.
Segundo o portal Universo Crowdfunding, o chamado 'financiamento participativo', as iniciativas de micromecenado que se impulsan a través da rede, recadaron o ano pasado en España preto de 220 millóns de euros. Pero a pesar do número de iniciativas, tanto empresariais como sociais, que se financian a través do crowdfunding, 'a aplicación política desta ferramenta dixital fora escasamente estudada até a data'.
O Foro Económico de Galicia, entidade coordinada desde UVigo, presentou un novo documento de análise no que aborda 'A reforma que a administración necesita: propostas para o s. XXI'. Nel sinálase que a dixitalización, transparencia e colaboración público-privada son chaves para a administración do futuro e recoméndase profesionalización, burocracia máis eficaz e avaliación constante das políticas públicas.
Na terceira semana de marzo as descargas e a facturación nas lonxas caeron nun 60% con respecto á mesma semana de 2019. O prezo dos combustibles supón de media un 14% dos custes de explotación dos buques de pesca, variando entre o 7% na frota de baixura e o 22% no caso dos arrastreiros de altura, cuestión que se ve alterada seriamente coa suba do seu prezo.
Tivo lugar o acto de creación da Mesa de Coordinación dos GDR de Galicia, no que participou o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé. No acto, que se celebrou no salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, tamén participaron os distintos presidentes e xerentes dos 24 GDR.
A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa é un foro multilateral privilexiado para o afondamento da amizade mútua e da cooperación entre os seus membros. Creada en 1996, a CPLP goza de personalidade xurídica e está dotada de autonomía financeira. En 2005 estableceuse a categoría de Observador Asociado, pola que os estados que pretenden adquirir a devandita categoría teñen que compartir os principios orientadores da CPLP.
As negociacións levadas a cabo polo rexedor fixeron posible conquerir os apoios de Vicepresidencia e Turismo e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que se suman ao xa manifestado publicamente polo de Cultura e Educación, que dirixe Román Rodríguez e ó investimento na mellora das instalacións do colexio Virxe do Corpiño de mais de 500.000 euros, xa en fase de licitación.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou co alcalde de Begonte, José Ulla Rocha, a evolución dos proxectos de maior interese para o Concello, entre os que destacan os de carácter educativo. Durante a reunión, analizaron a proposta para integrar os centros educativos do concello, dado o baixo nivel de matrícula do CEIP Virxe do Corpiño e do CEIP de Baamonde.