O alcalde de Begonte, José Ulla, acada o compromiso de Vicepresidencia e Turismo e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para acometer a rehabilitación do colexio de Baamonde e a construción dun auditorio ao carón do centro educativo.
As negociacións levadas a cabo polo rexedor fixeron posible conquerir os apoios destes dous departamentos do Goberno galego que se suman ao xa manifestado publicamente polo de Cultura e Educación, que dirixe Román Rodríguez e ó investimento na mellora das instalacións do colexio Virxe do Corpiño de mais de 500.000 euros, xa en fase de licitación.
Este compromiso manifestado na reunión mantida a tres bandas polo máximo mandatario municipal, o vicepresidente Alfonso Rueda e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, traducirase nun convenio que determinará o financiamento e o desenvolvemento do proxecto. A sinatura producirase nos vindeiros días.
José Ulla agradece a colaboración do vicepresidente e dos dous conselleiros pois, sinala, permitirá que contemos con novas instalacións educativas e, por tanto, aumentar a oferta formativa que ofrecemos na actualidade. Concretamente, o antigo centro albergará unha escola de música e nas súas inmediacións construirase un auditorio que completará de xeito paralelo a formación que se imparta na escola. Ó mesmo tempo dito auditorio enclavado na localidade de Baamonde, lugar de paso e final de etapa do Camiño Norte de Santiago, permitirá establecer una programación periódica de actividades culturais da que poderán desfrutar vecinos e peregrinos.
Do mesmo xeito que se potencia e reforza a educación e a cultura , pretendemos impulsar o turismo en todo o territorio Municipal e especialmente na parroquia de Baamonde con unhas infraestruturas que se suman a Casa Museo de Victor Corral, a Igrexa de Santiago , o clube fluvial , as rutas de sendeirismo etc
Trátase dun proxecto que o propio alcalde define como integrador e potenciador da Educación e a Cultura e nos situará como un referente na formación musical da comarca. En total, a Xunta de Galicia, a través dos departamentos citados, e o Concello achegarán a esta iniciativa 1 millón de euros.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.