
A iniciativa pretende xuntar a todo o alumnado no CEIP Virxe do Corpiño, centro que vai recibir 600.000 euros para reformar e modernizar as súas instalacións, dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética do centro. Deste xeito, o concello pasaría de ter dous centros con débil matrícula a un único centro fortalecido con maiores recursos educativos e que atraerá matriculación doutras zonas.
A maiores, este proxecto permitiría empregar as instalacións do CEIP de Baamonde para outros usos, como aulas de música e conservatorio municipal, que podería acoller ao redor de 200 músicos de toda a comarca. Actualmente, o concello de Begonte está a piques de rematar a elaboración dos proxectos de remodelación e, unha vez rematados, asinarase o convenio para a execución das obras necesarias.
No eido das infraestruturas, abordaron a ampliación da estrada LU-231. O presidente da Xunta incidiu na inclusión do primeiro subtreito desta obra dentro das actuacións propostas ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para facer con fondos europeos. Este investimento sumaríase á partida recollida nos Orzamentos da Xunta para esta actuación, que ascende a máis de 1,2 millóns de euros.
Na xuntanza, tamén analizaron posibles melloras no espazo do Belén de Begonte, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia en 2014 .
Así mesmo, Feijóo aproveitou a xuntanza para destacar igualmente a colaboración entre ambas administracións na loita contra a covid, coa entrega de material por parte da Xunta como: máscaras, xel hidroalcólico, luvas, batas, traxes, desinfectantes e pantallas faciais.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.