Notas de prensa

O Simposio do ILG porá o foco nas linguas e identidades que poboan as redes sociais

As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.

As inscricións xa poden formalizarse ata o 20 de novembro a través dun formulario en liña. A sesión de apertura botará andar o martes 24, ás 15.30 horas.

“Para as linguas minorizadas, estes espazos presentan un escenario complexo: ofrecen novas posibilidades de visibilización, creación de comunidades e transmisión lingüística, ao tempo que introducen condicionantes específicos, como a mediación algorítmica, a desigual presenza das linguas nas plataformas ou a circulación de discursos de estigmatización e odio”, destacan dende o comité organizador integrado por Carme Silva-Domínguez, Estela Fidalgo-Garra e Miguel Guisantes-Alonso.

O Simposio ILG 2026 quere reunir persoas investigadoras da análise do discurso, da sociolingüística e da didáctica da lingua, xunto con persoas dedicadas á creación de contidos, para pensar conxuntamente este escenario. O encontro aborda cuestións como as prácticas lingüísticas nas redes sociais, a creación de contido en linguas minorizadas, o multilingüismo, os discursos de odio contra o galego ou as posibilidades destes espazos como recurso para a investigación, a innovación docente e a transmisión lingüística.

Este evento enmárcase no proxecto IDEOLINGAL (PID2024-162675NB-I00), que está centrado no estudo das ideoloxías lingüísticas na sociedade galega e fai foco nas formas que estas adoptan e como se negocian no ámbito dixital. As diferentes intervencións permitirán atender tanto aos discursos e prácticas que circulan nas redes como ás posibilidades que estas ofrecen para ampliar os espazos de uso e de visibilidade do galego.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-11-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES