//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes das grandes cadeas de distribución alimentaria con presenza en Galicia. Nel participaron pola cadea Vegalsa Eroski, Jorge Eiroa; por Gadisa, Santiago Codesido; por Froiz, Manuel Aris; por Carrefour, Francisco Couso e por El Corte Inglés, Pati Blanco. Este encontro, que se inicia con estas cadeas distribuidoras, pero a iniciativa está aberta a calquera outra que teña interese en colaborar, serviu para pechar os detalles dun acordo que servirá para impulsar a compra e fomentar o consumo de produtos agroalimentarios galegos, dándolles así unha nova saída tras o peche da hostalaría e dos mercados municipais.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro do Medio Rural, José González, veñen de remitir unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, na que reclaman diferentes medidas fiscais de apoio ao sector primario, de aplicación inmediata, para facer fronte ás dificultades que se lle presentan no actual estado de alarma. Na misiva comezan amosando o apoio ás diferentes medidas adoptadas polo Goberno central, pero reclamando ao tempo a necesidade de contar coas comunidades autónomas no seu deseño e aplicación. Así, proponse que de agora en diante este tipo de decisións sexan previamente comentadas e consensuadas coas autonomías, de cara a unha mellor adecuación ás características de cada territorio.
Alberto Núñez Feijóo informou da activación de 3 millóns de euros para apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores vinculados ao coronavirus, así como o impulso da fabricación inmediata de medios de protección, a través de axudas que faciliten ás pemes galegas a reorganizar a súa produción e axustarse ás necesidades do mercado. Feijóo resaltou que en total presentáronse 160 iniciativas para producir material sanitario, das cales se preseleccionaron 11 que inclúen proxectos para desenvolver láminas que poidan protexer diferentes superficies fronte ao virus; novos sistemas para respiradores; sistemas de detección rápida; máscaras capaces de filtrar o virus; ou iniciativas de cartografía sobre o risco de contaxio.
Alberto Núñez Feijóo anunciou que Galicia contará cun comité de expertos no ámbito económico para asesorar á Xunta sobre o impacto da crise do COVID-19 e avaliar medidas. Temos que deseñar medidas para a recuperación paulatina da nosa economía, xestionar a emerxencia sanitaria e ir pensando nas semanas posteriores ao levantamento do estado de alarma, abundou. Feijóo subliñou que este comité contará con expertos do ámbito académico, do ámbito da sociedade civil, da sociedade empresarial e con persoas vinculadas ao Círculo de Empresarios de Galicia, ao Foro Económico de Galicia e a Asociación da Empresa Familiar de Galicia, entre outras institucións, e por parte da Xunta estará todo o equipo económico do Goberno.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde , pediu hoxe ao Goberno central que rectifique e solicita que transfira a Galicia os 100M que lle corresponden para formación, permitindo, deste xeito, a reactivación do mercado laboral galego unha vez se supere a crise do COVID-19. Coa súa decisión o Executivo estatal racha as oportunidades para que Galicia e o seu tecido produtivo poidan saír da situación actual nas mellores condicións posibles, xa que a mellor política social que se pode desenvolver é unha política de emprego para a que eses 100M son fundamentais de cara a impulsar a formación, xerando oportunidades a empresas e traballadores.
O Ministerio de Facenda vén de confirmar que Galicia é a comunidade autónoma que mellor pagou as súas facturas durante o ano 2019, tal como mostran os datos do Informe mensual sobre plazos de pago a proveedores y deuda comercial de las Comunidades Autónomas, publicado hoxe. En concreto, o período medio de pago (PMP) de Galicia no conxunto do ano 2019 situouse en 19 días, o que supón o tempo máis baixo das 17 comunidades autónomas. Pola contra, este indicador ascendeu a 37,4 días na media autonómica, o que confirma que Galicia pagou de media as súas facturas na metade de tempo que o conxunto das comunidades. Ademais, Galicia mantívose por debaixo do límite de 30 días que establece a lexislación estatal.
A Xunta activa, mediante a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), a nova liña de financiamento destinada a inxectar liquidez a pemes e autónomos para que poidan facer fronte ás consecuencias provocadas pola situación de emerxencia sanitaria na súa actividade empresarial. A partir de mañá, as empresas e o colectivo autónomo galegos poderán solicitar os apoios que ofrece para atender as necesidades máis inmediatas, como o pago de salarios, facturas, alugueiros ou impostos. Cunha dotación de 30 millóns de euros, a nova liña permitirá a mobilización de 250 millóns de euros en préstamos entre o tecido empresarial galego, que contribuirán a paliar os efectos do coronavirus no tecido empresarial galego.
Galicia reduciu no ano 2019 a súa ratio de débeda/PIB por terceiro ano consecutivo e incluso logrou baixar o seu volume de débeda por primeira vez en máis de 30 anos, xa que é a primera baixada que se rexistra desde o ano 1988, segundo mostran os datos oficiais publicados polo Banco de España. A ratio de débeda/PIB de Galicia mellorou seis décimas no último ano, ao pasar do 18,1% ao 17,5%, o que supón o nivel de endebedamento máis baixo desde o ano 2013. O volume de débeda da Comunidade Autónoma tamén se reduciu no último ano, ao pasar de 11.342 a 11.315 millóns de euros, un 0,24% menos. Galicia conseguiu acadar estas dúas baixadas na ratio débeda/PIB e no volume de débeda pese ao impago de máis de 200 millóns de euros do IVE de 2017 non aboado polo Goberno central o pasado ano.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou a suspensión dos prazos para a presentación das autoliquidacións dos impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, de sucesións e doazóns e os tributos do xogo. Feijóo explicou que todas as autoliquidacións destes impostos poderán ser presentadas ata o 30 de xuño de 2020 ou ata un mes despois da finalización do estado de alarma. Do mesmo xeito, subliñou que esta decisión beneficiará a 32.000 persoas ou empresas cada mes, o que suporá unha perda de recadación por parte da Xunta de 35 M ao mes mentres estea vixente esta suspensión de prazos.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe na súa intervención na Deputación Permanente novas iniciativas que a Xunta porá en marcha para facer fronte á situación xerada pola pandemia do coronavirus e que serán avaliadas no Consello, que se celebrará mañá venres. Así, nun primeiro termo, avanzou a publicación nos próximos días dunha nova orde para ampliar os contratos de 145 facultativos máis médicos, farmacéuticos, psicólogos e radiofísicos-, ademais de 22 enfermeiros. Este proceso sumarase á orde publicada onte mesmo no DOG e que permitirá ampliar desde o próximo 1 de abril os contratos de 160 médicos residentes e 31 enfermeiros especialistas residentes, que están no seu último ano de formación.
O presidente da Xunta inaugurou a XV edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados-Conxemar, que se celebra no IFEVI ata o 3 de outubro. Asegura que Conxemar é a constatación de que o sector do conxelado en Galicia quere gañar porvir e quere seguir conquistando mercados, e que os 15 anos de percorrido desta feira de negocios son o mellor aval para constatar a hexemonía deste certame no noso país.
A Xunta de Galicia e o Goberno central defenden diante dos eurodeputados españois os intereses da frota cefalopodeira ante o acordo pesqueiro entre a Unión Europea (UE) e Mauritania, xa que din que está infrautilizado, é costoso para os cidadáns europeos e ten unha contrapartida cero para as frotas pesqueiras españolas.
Afirma que o convenio asinado hoxe dá certeza, seguridade e garantía na prestación farmacéutica. Precisa que as farmacias galegas seguirán a cobrar da Xunta entre os días 15 e 20 do mes seguinte á presentación da facturación.
Acredita que os produtos galegos cumpren os criterios europeos de calidade ambiental. A etiqueta ecolóxica da UE é un instrumento eficaz para orientar o consumidor cara a aqueles bens e servizos que acreditan revestir un menor impacto ambiental na súa comercialización e prestación, permitíndolles ás persoas operadoras, acreditar a dita circunstancia no mercado.
O vicepresidente da Xunta reuniuse co director de Crecemento Intelixente e Sostible do Sur de Europa da CE, Raoul Prado, e destacou a necesidade de apostar pola modernicación administrativa para impulsar o crecemento económico e garantir un uso racional dos recursos.
O vicepresidente da Xunta reuniuse co vicepresidente da Comisión Europea, Maros Sefcovic, e o embaixador-representante permanente de España ante a UE, Alfonso Dastis, e aproveitou o encontro para pedir que os fondos europeos aposten pola e-Administración e os concellos que cooperen entre eles.
A través de Galicia Calidade e de Artesanía de Galicia, a xoiería galega asiste ao Salón Iberjoya, no recinto Ifema de Madrid, para buscar novas oportunidades de negocio. A actriz galega María Castro foi a madriña da presentación da presenza galega no evento comercial.
Feijóo: imos seguir traballando, cumprindo co noso deber e cumprindo estritamente coas nosas competencias; preocupándonos por aqueles galegos que foron enganados nas preferentes e, tamén, por toda a obra social e por todo o patrimonio cultural das caixas.
Galicia e Portugal estudan como optimizar a cooperación transfronteiriza de cara ao novo escenario financeiro 2014-2020. O director de Relacións Exteriores e o coordinador portugués Galicia-Norte falan da Eurorrexión.
Sostén que o espírito de defensa dos intereses comúns e de mellora da competitividade dos nosos produtos ha de ser o que guíe os pasos das políticas europeas, impedindo a entrada de novos axentes no escenario comunitario cando a súa actividade non se realice en igualdade de condicións.