
Queremos que o reinicio na actividade se poida producir en condicións de seguridade con recomendacións que permitan compatibilizar a saúde e seguridade laboral dos traballadores coa actividade económica, explicou o conselleiro.
O documento recolle medidas para as diferentes situacións. Así, enuméranse as recomendacións que se deben adoptar antes de iniciar a actividade, entre as que se encontran quedar no domicilio en caso de ter unha temperatura superior a 37º, presentar síntomas respiratorios ou se se estivo en contacto cunha persoa enferma máis de 15 minutos a unha distancia inferior a dous metros. En canto aos desprazamentos ao traballo a recomendación xeral, sempre que sexa posible, é utilizar un medio individual; no transporte colectivo ou compartido precísase o uso de máscara hixiénica.
Tamén se inclúen medidas para garantir a distancia de seguridade de dous metros tanto á entrada como á saída do centro e durante a permanencia -ademais de utilizar medidas de flexibilidade e quendas de traballo, limitar actividades presenciais ou evitar aglomeracións-, medidas organizativas -como contar cun plan de continxencia, un plan de limpeza e desinfección ou un protocolo para evitar o contaxio- e de hixiene e limpeza, tanto persoal
-como o lavado de mans, a hixiene respiratoria ou recomendacións para o lavado da roupa de traballo- como do propio centro. A guía inclúe apartados sobre o uso de máscaras e equipos de protección individual e tamén de xestión de residuos.
Por outra parte, Conde trasladou aos representantes de AJE que a Xunta está traballando en dous escenarios. En primeiro lugar no curto prazo, con medidas económicas de choque para inxectar liquidez inmediata no tecido empresarial, como a liña de préstamos de ata 200.000 euros que xa rexistrou máis de mil solicitudes por importe de 79,3M; o aprazamento das cotas de amortización e xuros; a axilización do pago a provedores; ou a suspensión dos prazas para a presentación de varios impostos.
E, en segundo lugar, con iniciativas a medio prazo para estar preparados para a reactivación económica tras o coronavirus que se centrarán no apoio aos investimentos, o impulso ao emprego e no estímulo á demanda para potenciar os sectores máis resentidos. O obxectivo é contar con medidas que volvan situar aos autónomos e ás pemes como o verdadeiro motor da recuperación.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.