
A Xunta de Galicia colabora un ano máis coa celebración do festival de danza contemporánea e artes do movemento 6coreógrafas, que presentou hoxe na Estrada a programación da súa sexta edición, prevista para o vindeiro 10 de outubro. O encontro, organizado polo Concello estradense baixo a dirección artística da bailarina e coreógrafa Paula Quintas, volverá achegarlle a creación coreográfica á cidadanía cun programa que combina espectáculos en diferentes espazos da vila, estreas e actividades participativas dirixidas a públicos de diferentes idades.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación desta nova entrega, onde destacou o papel do festival como un escaparate para o talento das creadoras e compañías galegas, que contribúe a dar visibilidade á danza contemporánea e a reforzar o noso tecido escénico. Neste sentido, salientou tamén a importancia de levar a creación artística a diferentes espazos da vila, favorecendo o encontro coa cidadanía e achegando a danza a novos públicos.
Dúas estreas, danza e música en directo
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio.
A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Ademais dos espectáculos, o festival ofrecerá unha programación de mañá cunha clase maxistral aberta a todos os públicos e unha sesión vermú especial, reforzando o seu carácter participativo e interxeracional e o obxectivo de achegar a danza contemporánea á cidadanía.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.