Notas de prensa

A xoeiría galega busca novas oportunidades de negocio no Salón Iberjoya

A través de Galicia Calidade e de Artesanía de Galicia, a xoiería galega asiste ao Salón Iberjoya, no recinto Ifema de Madrid, para buscar novas oportunidades de negocio. A actriz galega María Castro foi a madriña da presentación da presenza galega no evento comercial.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, participaron no salón Iberjoya na presentación a profesionais e medios de comunicación das cinco marcas de xoiería galega avaladas pola marca Artesanía de Galicia e o selo Galicia Calidade que están presentes na mostra.

No acto, que foi presentado pola actriz galega María Castro, Fink Orfebres de Santiago de Compostela, Unión Joyera de Bergondo, Ardentia, Óscar Rodríguez Joyeros e Piropo Joyas presentaron no stand instalado pola Consellería de Economía e Industria as súas propostas en deseño e fabricación de xoias para esta edición número 50 do salón.

Durante a presentación, no que estiveron presentes tamén o presidente da Federación Galega de Xoieiros, Óscar Rodríguez, o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, mostráronse as últimas creacións destes artistas que incorporan a innovación aos seus productos ao tempo que manteñen intacta a tradición dos artesáns galegos.

Iberjoya, o Salón Internacional de Xoiería, Pratería, Reloxería e Industrias Afins reúne nesta edición 2013 a 209 expositores procedentes de distintas zonas de España e do resto de Europa pero tamén de China, Alemaña, Estados Unidos, India ou Corea, entre outros países.

Ademáis da alta xoiería e reloxería, neste certame preséntanse coleccións de moda e tendencias, novas canles de distribución, as solucións tecnolóxicas máis novidosas para os procesos de producción ou xestión comercial ou as últimas novidades en ourivería e industrias afins. O salón está dirixido unicamente a profesionais e ofrece un entorno estratéxico, un encontro de oferta e demanda onde os participantes, tanto expositores como visitantes, poden descubrir ideas e encontrar novas oportunidades de negocio. Na pasada edición convocou a 14.500 profesionais de 82 países.

Iberjoya é así unha oportunidade para que estas cinco empresas galegas, dentro da súa estratexia de internacionalización, poidan presentar as súas creacións a compradores de todo o mundo. Todas están amparadas tanto pola marca Artesanía de Galicia como polo selo de Galicia Calidade, grazas ao convenio de colaboración posto en marcha co Colexio Oficial de Xoieiros para conceder esta certificación que só se outorga a produtos e servizos que traballan con materias primas de alta calidade, desenvolven unha producción óptima e aportan excelencia no servizo.

A participación neste salón enmárcase dentro da estratexia que a Consellería de Economía e Industria desenvolve a través de Galicia Calidade e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño de apoio a sectores como o da xoiería a través de campañas de promoción, asistencia a feiras e todo tipo de eventos que poidan reforzar o seu prestixio en España e tamén a nivel internacional e que lles permitan abrir novos mercados. Ademais de en Iberjoya, estas cinco empresas galegas participan en feiras internacionais como Inhorgenta de Münich, Bijohrca de París ou As Vegas e así as xoias con denominación de orixe galega están en escaparates dos cinco continentes, desde Estados Unidos, Alemaña ou o Reino Unido a outros mercados en expansión como os países do Leste ou o Golfo Pérsico.

Tendencias outono-inverno 2013

As empresas galegas presentes en Iberjoya expoñen as últimas novidades en alta xoiería e tamén as novas propostas de vangarda. Nas vitrinas do stand de 100 metros cadrados que se instalou na feira, poden verse mostras de creacións artesanais tradicionais, deseños innovadores e tamén xoias que seguen as tendencias principais das coleccións da próxima temporada outono-inverno: o ouro rosado, as cadeas de grandes eslabóns para pulseiras, colares e reloxos, os brazaletes, as moedas, as perlas en todas as súas variantes están tamén presentes nas creacións destes cinco xoieiros galegos.

Unión Joyera de Bergondo presenta nesta edición dúas liñas moi diferentes de produtos: os deseños espectaculares da alta xoiaría, con diamantes, esmeraldas, rubís ou zafiros coidadosamente seleccionados, pezas clásicas únicas; e unha liña accesible a todos os públicos nas que o deseño ten unha especial relevancia. Son pezas nas que se combinan cores diversas e variadas texturas de ouro con pedras de diferentes cores e se seguen as tendencias actuais en deseño de xoias: desde caveiras ata formas inspiradas na natureza como flores ou animais.

Ardentia, pola súa banda, presenta entre outras a súa colección Enova, en prata e acibeche con pendentes, aneis, colgante e alfinete, pezas elaboradas artesanalmente con materiais de primeira calidade. Esta firma de Bergondo acode a Iberjoya co obxectivo dar a coñecer o carácter diferenciador das súas coleccións, deseños contemporáneos en plata de ley y esmalte a fuego inspirados en elementos del entorno que aportan personalidad a cada una de sus piezas.

Fink Orfebres participa no certame coas novas coleccións para a temporada centradas na investigación de formas, texturas e cores. Esta empresa santiaguesa, que se dedica ao deseño, fabricación e comercialización da xoiaría de prata seguindo a tradición dos mestres ourives de Santiago de Compostela, traballa en deseños propios en prata e acibeche, esmaltes ao fogo e pedras semi-preciosas con acabados diversos: mate, brillo, texturas e dourados.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES