Notas de prensa

Os Gobernos central e galego únense na defensa dos intereses pesqueiros na UE

A Xunta de Galicia e o Goberno central defenden diante dos eurodeputados españois os intereses da frota cefalopodeira ante o acordo pesqueiro entre a Unión Europea (UE) e Mauritania, xa que din que está infrautilizado, é costoso para os cidadáns europeos e ten unha contrapartida cero para as frotas pesqueiras españolas.

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana e o secretario general de Pesca, Carlos Domínguez, mantiveron diferentes xuntanzas cos eurodepudados españois dos grupos políticos do Partido Popular, Partido Socialista, UPyD e os Verdes. Estas reunións teñen como obxectivo fundamental a defensa dos intereses do conxunto da frota española -en especial da cefalopodeira- ante o acordo pesqueiro asinado entre a Unión Europea e Mauritania. Para iso, nas reunións de hoxe, conselleira e secretario general de Pesca explicaron aos eurodeputados os inconvenientes do acordo de Mauritania para que o teñan en consideración na súa votación no Parlamento Europeo o vindeiro martes.

Rosa Quintana e Carlos Domínguez expuxeron aos eurodeputados españois os argumentos polos que non se debe ratificar este acordo facendo fincapé en que é un acordo infrautilizado porque lle custa moitos cartos aos cidadáns da UE e que a cambio a contrapartida é escasa para as frotas españolas, en especial para a cefalopodeira. “En Galicia temos necesidade de que existan moitos acordos pesqueiros porque temos frotas que faenan practicamente en todos os lugares do mundo e buscamos que eses acordos sexan o máis beneficiosos posible, de xeito que permitan obter rendibilidade ao sector social que vive diso”, salientou a conselleira.

A titular de Medio Rural e Mar destacou ademais que Xunta e Goberno Central non entenden os argumentos que alegaba nun primeiro momento Mauritania sobre a falta de recurso de cefalópodo nos seus caladoiros. Neste sentido, explicou que este argumento foi rebatido cun estudo realizado polo Instituto Español de Oceanografía en colaboración coa frota cefalopodeira que acredita a boa situación do recurso nas augas de Mauritania. “No momento no que se presentaron estes datos científicos este argumento non se volveu esgrimir na comisión mixta e agora Mauritania alega que é soberana para decidir que a frota non acceda ao cefalópodo sen máis”, explicou Rosa Quintana. Ademais lembrou que hai frotas doutros países que si están explotando cefalópodo en Mauritania, que logo entra nas canles de comercialización da UE. Por iso, incidiu a conselleira, “pensamos que non é un bo acordo”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-10-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES