
En relación coas devanditas medidas fiscais, os conselleiros fan especial fincapé en dúas. En primeiro lugar, a suspensión da presentación de autoliquidacións de impostos que teñan uns prazos de vixencia que venzan durante o estado de alarma, en especial o IVE, para todos os operadores do sector primario. Así, demandan que se suspendan as autoliquidacións por este imposto, correspondentes ao primeiro trimestre de 2020, e que teñen como prazo límite o 20 deste mes. E engaden que esta suspensión debería manterse cando menos ata o 20 de xullo, data da presentación das autoliquidacións do segundo trimestre.
Devolucións do IVE
En segundo termo, os representantes da Xunta reclaman axilizar as devolucións pendentes aos autónomos e empresas do sector primario polo IVE, tanto as de exercicios anteriores como aos dos períodos do 2020 anteriores á declaración do estado de alarma. Os conselleiros lembran, neste sentido, que as dúas medidas fiscais xa foron tamén demandadas polo propio presidente do Executivo galego ao seu homólogo do Goberno central, en referencia ao conxunto dos sectores produtivos. Recordan, así mesmo, que Galicia xa suspendeu os prazos de presentación de autoliquidacións dos principais impostos autonómicos ata o vindeiro 30 de xuño ou ata un mes despois da finalización do estado de alarma.
No escrito advírtese que esta suspensión, para pemes e autónomos, aliviaría boa parte do problema no sector primario e ademais considérase que sería asumible polo Estado e evitaría custos administrativos difíciles de cumprir na situación de confinamento. Por outra banda, permitiríalles manter liquidez sen necesidade de acudir ao endebedamento bancario.
Por último, ambos conselleiros propoñen que as devolucións do IVE se fagan neste mes de abril, xa que esta medida podería dar liquidez ás empresas galegas por un importe estimado de arredor de 400 millóns de euros. Considérase ademais que só en ramas de actividade como as conserveiras ou a industria de elaborados conxelados da nosa comunidade, estas devolucións de IVE pendentes poderían superar os 30 millóns de euros.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.