Noticias

Ponse en marcha a comisión de expertos para asesorar sobre a recuperación económica e minimizar o impacto da crise do Covid-19

O Goberno galego vén de definir os integrantes da comisión de expertos que vai a asesorar á Xunta sobre como minimizar o impacto da crise derivada do Coronavirus e estar preparados para a recuperación económica. O obxectivo é que o órgano se reúna xa a vindeira semana de xeito telemático para empezar a traballar. A comisión é un órgano asesor que se pon en marcha coa finalidade de estar preparados para, unha vez superado o coronavirus, iniciar unha recuperación paulatina da economía galega e do mercado laboral. Entre outras cuestións, solicitarase apoio ao respecto da determinación do impacto económico que a emerxencia sanitaria e as medidas de restrición van ter na economía galega.

O Goberno galego vén de definir os integrantes da comisión de expertos que vai a asesorar á Xunta sobre como minimizar o impacto da crise derivada do Coronavirus e estar preparados para a recuperación económica. O obxectivo é que o órgano se reúna xa a vindeira semana de xeito telemático para empezar a traballar.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa se dirixiu aos membros da comisión para solicitarlles a súa participación e avanzarlles que o primeiro encontro terá lugar xa a vindeira semana. “Somos conscientes da necesidade de tomar a iniciativa para reactivar a economía e de adiantarse para estar preparados para afrontar unha difícil recuperación cando a situación sanitaria deixe de ser extraordinaria”, abundou na misiva.

Entre os participantes na comisión estarán os seguintes expertos económicos:

- Ignacio Fernández Fernández. Membro do Corpo Superior de Inspectores de Facenda e profesor de Facenda Pública. Na actualidade é director xeral de Finanzas de Inditex.
- Rosa Sánchez Yebra. Farmacéutica e funcionaria, é vicegobernadora do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa e foi secretaria xeral do Tesouro e Política Financeira.
- Fernando González Laxe. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Foi presidente da Xunta e é membro do comité executivo do Foro Económico de Galicia.
- Emilio Bruquetas Serantes, director xeral de Reganosa e membro da Asociación Española de Directivos.
- Santiago Lago, catedrático do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, tamén director do Foro Económico de Galicia

A maiores, tamén estarán representados os Círculo de Empresarios de Galicia, o Consello Galego de Economistas e a Asociación Galega de Empresa Familiar. Por parte da Xunta haberá representantes das Consellerías de Facenda, Economía, Medio Rural e Mar.

A comisión, aprobada na reunión do Consello do pasado 3 de abril, é un órgano asesor que se pon en marcha coa finalidade de estar preparados para, unha vez superado o coronavirus, iniciar unha recuperación paulatina da economía galega e do mercado laboral.

Entre outras cuestións, solicitarase apoio ao respecto da determinación do impacto económico que a emerxencia sanitaria e as medidas de restrición van ter na economía galega; posibles escenarios da saída da crise; avaliación do impacto das medidas económicas tomadas polas distintas administracións; e proposta de novas medidas económicas, laborais e fiscais para a reactivación.

“Queremos contar cos mellores para formar parte da comisión”, comunicoulle Feijóo a cada un dos membros, aos que convocou a incorporarse para que Galicia “sexa capaz de facer fronte a esta crise da mellor maneira posible”.

R., 2020-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES