//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) acordou incrementar o aforo dos locais de hostalaría e restauración ata o 50% a partir deste luns. O acordo chega despois de que nas instrucións publicadas no BOE para os territorios na fase 2 da desescalada, o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades a modificar o aforo máximo no interior destes establecementos, ben reducíndoo ao 30% ou ben incrementándoo ata o 50%. Así, se acordou na reunión presidida polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e que contou con representación da Delegación de Goberno e da Fegamp, onde se indicou que na toma desta decisión o Goberno galego tivo en conta opinión de representantes do sector turístico.
O PIB de Galicia baixou no primeiro trimestre do ano un 3,6% en taxa interanual por mor do efecto negativo da covid-19 sobre a maioría dos compoñentes da oferta e da demanda, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este descenso é medio punto inferior ao rexistrado no conxunto de España (-4,1%), tal como xa avanzou o mes pasado o Instituto Nacional de Estadística (INE). En canto á taxa trimestral é dicir, a evolución da economía en comparación co cuarto trimestre do ano 2019-, o IGE estima que o PIB galego rexistrou un descenso do 4,9%.
A Xunta e representantes do sector acordaron incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana. A decisión, que xa foi avanzada o pasado domingo polo presidente do Goberno galego, abordouse nun encontro entre representantes sectoriais e o conselleiro de Cultura e Turismo. A intención é que se aprobe na próxima xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) co obxectivo de que os bares, cafeterías ou restaurantes poidan aplicalo a partir do próximo luns. O acordo chega despois de que nas últimas instrucións publicadas no BOE para os territorios na fase 2 da desescalada, o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades a ampliar o aforo máximo no interior dos establecementos.
Esta primeira convocatoria de consolidación da Business Factory Food está aberta ata o 8 de xuño e terá unha duración de 12 meses. Os proxectos que queiran presentarse deben ser empresas xa constituídas, con menos de seis anos de antigüidade, cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas. Con motivo da situación xerada pola crise sanitaria da covid-19, incorpórase un novo reto a esta convocatoria de consolidación enfocado a buscar proxectos que poidan ser aplicables ao sector alimentario e á súa cadea de valor e que supoñan unha innovación, en sentido amplo, dirixida a fortalecer a resiliencia da industria alimentaria de Galicia fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias.
A Xunta de Galicia prolongará ata finais de 2020 a súa axuda extraordinaria aos beneficiarios do Bono de Alugueiro Social de tal xeito que non teñan que aboar nada pola renda da súa vivenda durante o que resta de ano. Esta medida, en virtude da cal o Goberno autonómico asume o 100% do custo do alugueiro, fíxose efectiva por primeira vez no mes de abril e volveu repetirse en maio. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se resolve a concesión directa da axuda complementaria á dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.
O Comité de Expertos Económicos de Galicia, en cuxa reunión participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aposta por impulsar novas medidas para facilitar o financiamento das empresas no actual contexto económico a causa do COVID-19, reforzando a solvencia das compañías e o seu crecemento a través de diferentes instrumentos financeiros. Segundo se avaliou no encontro, o papel da Administración debe ser especialmente activo para apoiar os procesos de adaptación dos actores económicos, promovendo instrumentos flexibles e que permitan captar fondos que lles aseguren capacidade suficiente para levalos a cabo. Tamén se fixo fincapé en que é estratéxico fortalecer o tamaño do tecido empresarial.
Tras as xestións realizadas polo Goberno galego, os establecementos comerciais poden realizar rebaixas e promocións se garanten que non se producen aglomeracións e que se cumpre coas perceptivas medidas de seguridade. Esta aclaración do Goberno prodúcese despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladara o pasado domingo, na videoconferencia co presidente do Goberno e outros presidentes autonómicos, as diferentes inquedanzas do comercio galego en relación á Orde SND/399/2020, publicada o sábado 9 de maio no Boletín Oficial do Estado, e que regula a actividade do sector nesta fase 1.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, denunciou hoxe no Parlamento autonómico que o Goberno central volve discriminar a Galicia na asignación dos fondos sociais do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Fabiola García lembrou que o ano pasado, o Executivo estatal recoñeceu que Andalucía, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, a Comunidade Valenciana, Estremadura e Galicia estaban a recibir menos cartos dos que lles correspondía da asignación destes fondos. Na proposta de reparto presentada para este ano, Galicia é a única das nove comunidades que actualiza os seus fondos un 0,9%, o correspondente á inflación, fronte ao 15,2% de media que recibirán o resto.
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, informou hoxe dos datos do paro do mes de abril, unhas estatísticas marcadas pola parálise da actividade económica derivada da crise sanitaria do Covid-19 e que está repercutindo no mercado laboral galego. Toca explicou que a pesar de que a Comunidade encadeaba seis anos consecutivos de caída do paro interanual nun mes de abril e descensos intermensuais desde o 2013, estas series positivas vense alteradas pola situación actual.
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, trasladou hoxe ao Ministerio de Facenda que Galicia non comparte os criterios de reparto dos fondos adicionais anunciados polo Goberno para afrontar a crise do COVID-19, dado que se afastan dos criterios vixentes no sistema de financiamento autonómico. Nunha videoconferencia na que participaron representantes das comunidades autónomas e do Ministerio de Facenda, o ministerio trasladou que os fondos adicionais serán de 16.000 millóns de euros e aprobaranse a través dun real decreto-lei coa seguinte distribución: 10.000 millóns para gasto sanitario, 1.000 millóns para gasto social e 5.000 millóns para compensar o descenso de recadación nos tributos propios.
A axencia de cualificación mellora a perspectiva da Comunidade galega, que pasa de "Negativa" a "Estable". Atribúe a Galicia un nivel de crédito indicativo superior ao do Estado pola súa xestión financeira e solvencia, pero lembra que non pode ter un rating superior ao de España. Destaca, tamén, o bo comportamento do déficit.
No Fórum Nueva Economía, o conselleiro de Economía e Industria presentou as liñas mestras do Plan Director que deixa constancia da necesidade de reforzar a industria galega no local e no global para afrontar os novos retos da vindeira década.
12 obradoiros artesáns participan no maior encontro internacional de artesanía, LArtigiano in Fiera, de Milán (Italia) ata o 8 de decembro, na estratexia da Xunta de impulso ao sector artesán, centrada na aposta pola innovación, a formación e a mellora da comercialización.
Sinala que o déficit público da comunidade se situou, no terceiro trimestre, no 0,8% en termos de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria; unha cifra 2 décimas menor que a media de comunidades autónomas, que a 30 de setembro de 2013 acadou o 1%.
A feira Viñerón 2013 fomenta o encontro entre entusiastas do viño, profesionais do sector hostaleiro, agroalimentario e turístico, así como bloggers e medios de comunicación especializados no mundo do viño. Como novidade, na sección Galicia emerxente dáselle espazo aos viticultores noveis galegos que chaman a atención polo seu talento.
O presidente da Xunta, nunha conferencia do Foro ABC en Madrid, salientou un aforro de arredor de 20 millóns de euros na próxima emisión de débeda ao non ter que acudir ao FLA, e sitúa o custo da débeda por galego nun 40% menos que a media das comunidades españolas.
Trátase, según a Xunta, dunha nova norma para adecuar a estrutura agraria en Galicia ás necesidades das explotacións, e para poder logralo con maior axilidade e incorporando ao mesmo tempo as fincas que están en manifesto estado de abandono.
O presidente da Xunta dixo que pagará o complemento das pensións non contributivas -206 euros- por quinto ano consecutivo e en plena crise económica, nun compromiso do Goberno galego con quen máis o precisa, e a pesar de que a taxa de pobreza galega é 3 puntos inferior á española.
Consolidar a innovación como ferramenta de todos os sectores da economía é o principal obxectivo da Estratexia de Especialización Intelixente RIS 3 que pretende mudar os síntomas positivos que están a xurdir nos cimentos dunha nova economía competitiva e sustentable.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta o peche doutro
medio de comunicación, neste caso Televigo, que se suma a outros que nos
últimos anos foron desaparecendo do panorama informativo galego.