Notas de prensa

Feijóo di que Galicia reduciu o déficit público nun 31%, por debaixo da media estatal

Sinala que o déficit público da comunidade se situou, no terceiro trimestre, no 0,8% en termos de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria; unha cifra 2 décimas menor que a media de comunidades autónomas, que a 30 de setembro de 2013 acadou o 1%.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Galicia rexistrou nos tres primeiros trimestres de 2013 un nivel de execución e de pagamentos mellor que a media de comunidades e, ao mesmo tempo, neste período foi quen de reducir o seu déficit público nun 31% en relación ao terceiro trimestre do pasado ano, ao tempo que mantén un déficit inferior á media.

Así mesmo, Feijóo precisou que, segundo un informe da Consellería de Facenda, o déficit público da comunidade situouse, no terceiro trimestre, no 0,8% en termos de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria; unha cifra 2 décimas menor que a media das comunidades autónomas que, a 30 de setembro de 2013 alcanzou o 1%.

O titular da Xunta subliñou, tamén, que Galicia está sendo capaz de manter uns niveis de execución “mellores que a media das comunidades”, ao ser, no peche do terceiro trimestre, a porcentaxe de gasto executado 2 puntos superior á media. Mentres que os pagamentos sobre o total de obrigas alcanzaron o 96 %, 8 puntos máis.

Nesta mesma liña, referiuse á execución dos orzamentos no eido dos investimentos reais (capítulo VI). Neste capítulo, Galicia executou case o 60% do gasto, 15 puntos máis que a media das Comunidades, mentres que os pagamentos tamén superan en case 15 puntos a media.

“Galicia segue a mostrar un mellor ritmo de execución orzamentaria ao combinar o difícil equilibrio entre cumprir o déficit e executar o orzamento; e dentro dese equilibrio, avanzar algo máis: executar os investimentos, porque se cumprimos o déficit non investindo evidentemente non conseguimos o obxectivo que perseguimos”, advertiu Feijóo.

Se atendemos á lexislatura completa, 2009-2012 Galicia converteuse, xunto con Madrid, nunha das comunidades con menor déficit público do conxunto do Estado autonómico: 4 puntos menos que o resto das comunidades autónomas.

O informe da Consellería de Facenda ratifica tamén que, neste exercicio 2013, o Goberno autonómico volverá cumprir co obxectivo de estabilidade orzamentaria, fixado para Galicia no 1,2% polo Consello de Política Fiscal e Financeira.

Deste xeito, “a comunidade galega achegará, polo tanto, ese compromiso coas contas públicas e imos tentar compatibilizar o que conseguimos no ano 2012, que é reducir o déficit público e un comportamento do produto interior bruto autonómico superior á media de España”, sinalou o presidente galego. Neste sentido, lembrou que o PIB no ano 2012 foi 7 décimas mellor que a media de España; e que Galicia se converteu na segunda comunidade autónoma de menor recesión no ano 2012 do Estado autonómico”.

Diante destas cifras, Feijóo resaltou que “estamos a executar o orzamento, estamos pagando aos provedores e estamos cumprindo o déficit público, que é o obxectivo dun goberno responsable neste momento” e incidiu no grado de “execución dos investimentos” e no “grao de pagamento dos investimentos na comunidade autónoma”.

“Seguimos tendo menor déficit que a media das comunidades autónomas; executamos máis que a media das comunidades autónomas; e pagamos mellor que a media das comunidades autónomas. Este é o obxectivo no que imos seguir traballando para finalizar no ano 2013 con este ránking de eficiencia no gasto público, que é unha forma de medir a responsabilidade dun goberno”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES