
Ademais de todo o relativo ás accións comerciais, que maioritariamente se interpretaba que se limitaban para os establecementos físicos, establecendo diferentes condicións para o comercio en liña, tamén se trasladaron diferentes dúbidas sobre como cumprir a obriga de establecer sistemas que permitan o reconto e control do aforo.
No ámbito comercial, desde a Xunta tamén se sinalou a necesidade de que os establecementos que dispoñan dunha superficie maior á contemplada na normativa 400 metros cadrados poidan reiniciar a actividade reducindo temporalmente a superficie comercial a ese límite. E tamén se propuxo que, ao igual que se permite a apertura dos concesionarios de automoción, se aplique este criterio a establecementos de venda ao por menor de artigos de construción e saneamento e maquinaria industrial e agrícola.
O Goberno galego, que está elaborando un plan de reactivación do comercio en cooperación co sector, reitera a súa solicitude dun protocolo claro de actuación a nivel estatal que conte co diálogo preciso para que o comercio poida abrir ao público con plenas garantías e ofrecendo a máxima confianza aos consumidores.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.