//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O Comité de Expertos Económicos de Galicia, en cuxa reunión participou hoxe o presidente da Xunta, concluíu a necesidade de que o Goberno desvincule o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) de forza maior do mantemento do actual estado de alarma. Tal e como apuntou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria despois da xuntanza, esta medida é necesaria para dotar de seguridade xurídica e certeza aos propios empresarios e autónomos. A criterio dos expertos, o que debe ser habilitante para a utilización deste instrumento é o impacto sobre o nivel de actividade das empresas derivado das medidas de distanciamento social, limitacións de afluencia ou de períodos de apertura ou calquera outra restrición para o desenvolvemento da súa actividade.
A Xunta de Galicia e o comercio galego traballan xuntos nun protocolo para a reapertura e nas novas medidas para favorecer a reactivación económica dun sector estratéxico. O titular do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, mantivo onte unha reunión a través de videoconferencia con representantes do comercio galego, na que tamén estivo presente o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Na mesma, constatouse a necesidade de que o Goberno central estableza unhas directrices claras para que o sector poida reabrir con garantías, despois das dúbidas xeradas tras a presentación do plan de desescalada o pasado martes. Por iso, a Xunta e o comercio galego xa están a traballar nun protocolo propio para a reapertura, e nun protocolo específico para perruquerías.
Os ingresos tributarios da Comunidade Autónoma no exercicio 2019 situáronse en 6.076 millóns de euros, segundo reflicte a Explotación estatística da información tributaria publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Isto supón un incremento do 1% respecto ao 2018, pese ao descenso no ingreso do Imposto sobre Valor Engadido (IVE) polo impago de 204 millóns que aínda mantén o Goberno central. En concreto, o capítulo de impostos directos aumentou un 4,9% ata chegar aos 2.486 millóns, mentres que o capítulo de impostos indirectos reduciuse un 1,7% e situouse nos 3.401 millóns. Finalmente, o capítulo de taxas e outros ingresos mantívose estable medrou un 1%- e ascendeu a 189 millóns. Na liña de anos anteriores, dous impostos estatais (IRPF e IVE) concentran máis do 70% do ingreso tributario de Galicia.
A Xunta acaba de pór en marcha unha campaña de comunicación e sensibilización para animar á cidadanía a consumir produtos agroalimentarios galegos durante a situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. A iniciativa, que foi presentada hoxe polo conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, enmárcase na rede Mercaproximidade, unha canle alternativa de comercialización concibida para dar saída aos produtos afectados polo peche da hostalaría e dos mercados municipais. A campaña está dirixida aos consumidores finais, para conciencialos da calidade dos produtos agroalimentarios galegos, e para facerlles ver que coa súa compra poden contribuír á viabilidade do sector.
O comité de expertos económicos de Galicia propón unha vintena de medidas para conter os efectos da crise do coronavirus, medidas que consisten en facilitar liquidez, a través dun adiamento de impostos, anticipos bancarios e créditos a empresas. Así se acordou hoxe nunha reunión por videoconferencia deste comité, na que tamén estivo presente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A criterio deste órgano, a orientación das medidas debe ter en consideración o impacto que están a ter os instrumentos de distinta natureza que están utilizando as principais economías europeas. Por iso, as medidas en España deben ir en liña coas que se están a tomar no ámbito da UE, para non afectar á competitividade da nosa estrutura empresarial.
O selo Galega 100% naceu o 7 de febreiro de 2011 para identificar o leite galego de calidade diferenciada. O obxectivo é ofrecer un produto da maior calidade, en virtude dunha serie de controis dos servizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia, que vén garantido pola certificación de calidade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL). Trátase, pois, dunha aposta pola valorización do leite producido en gandarías inscritas no Rexistro Galego de Explotacións de Calidade Diferenciada, algo que o sector demandaba desde hai tempo. No seu primeiro ano de andaina o selo Galega 100% xa era unha referencia no mercado, grazas a participación de marcas comerciais de primeira liña, como Leyma, Feiraco, Larsa e Deleite, ás que se foron unindo outras empresas que se poden ver
nesta ligazón.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraron as prestacións do Goberno central. Despois de que o Executivo galego leve semanas pedindo ao Goberno de España que axilice o pago das prestacións aos traballadores a cuxas empresas xa se lles aprobou o seu ERTE, Feijóo lembrou que na Comunidade hai máis de 200.000 traballadores afectados por un expediente de regulación temporal de emprego. Hai miles de familias que aínda non cobraron e necesitan liquidez, dixo, subliñando o acordo coas entidades financeiras para que os traballadores poidan solicitar un anticipo das súas prestacións de forma inmediata, de xeito que a Xunta avalará 1.500 euros por traballador, cun tope mensual de 750 euros.
A Xunta iniciou hoxe o primeiro envío de mascarillas tanto a empresas como autonómos dos sectores que retomaron o traballo o pasado luns. Así, antes da fin de semana serán repartidas 350.000 mascarillas aos clusters e asociacións que pecharon as súas peticións no día de onte. Segundo avanzou Alfonso Rueda, a previsión é acadar o envío de preto de 2 millóns de mascarillas ao longo da semana que vén, un material que foi adquirido directamente pola Xunta de Galicia. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes de clusters galegos na que abordaron as necesidades de material do tecido produtivo.
Anunciouse hoxe a creación da rede Mercaproximidade, unha canle alternativa de comercialización creada pola Xunta e concibida para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor do peche da hostalaría e os mercados municipais durante a emerxencia sanitaria. A orde vén culminar as xuntanzas por videoconferencia que mantivo nos últimos días o conselleiro do Medio Rural, José González, tanto coas organizacións profesionais agrarias galegas con representación no Consello Agrario como coas grandes cadeas de distribución que operan en Galicia e que xa se sumaron á iniciativa. Ademais, a iniciativa segue aberta a aquelas cadeas que desexen sumarse a ela.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión con representantes de AJE Galicia e das súas principais delegacións dentro da rolda permanente de contactos que o Goberno autonómico está realizando cos principais axentes económicos e sociais para dar respostas áxiles, eficientes e consensuadas ante o escenario actual. Entre outros asuntos, durante a videoconferencia, abordouse o retorno hoxe á actividade dos sectores non esenciais. Neste sentido, a Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou unha nova guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus co obxectivo de garantir a saúde das persoas traballadoras.
Extender a innovación a todos os sectores produtivos galegos é o principal obxectivo da estratexia RIS3 que pretende construir un novo modelo económico en Galicia con tres retos e unha folla de ruta que implica ao Goberno, as universidades, clústeres e pemes, entre outros.
La Fundación Gas Natural Fenosa analiza en Santiago de Compostela cómo mejorar la eficiencia energética de los edificios en España. Distintos expertos expusieron cómo reducir hasta en un 50% el consumo energético en la vivienda y cómo rehabilitar los edificios con una buena relación coste-beneficio.
Para facilitar o financiamento dos pequenos investimentos impulsados por emprendedores, autónomos e microempresas, o Igape mantén operativo, ata o 1 de decembro, o programa de microcréditos, con capacidade para mobilizar ata 10 millóns.
A Asociación Española de Normalización e Control renovou ao organismo dependente de Economía e Industria a certificación ISO 9001:2008.
Profesionais do audiovisual participan nas xornadas sobre cine e finanzas coas que abren o programa formativo Galicia Profilme co que se busca dar resposta ás demandas de formación específica por parte do propio sector.
Facer un seguemento da mobilidade agraria é un dos obxectivos deste observatorio que debe identificar todos os problemas para alugar as terras do Banco e posibles solucións para redimensionar as explotacións entre 2013 e 2014.
O titular da Xunta avanza que o novo texto potencia o solo rústico como factor de desenvolvemento para proxectos económicos, sempre que eses proxectos estean vinculados ao sector agroalimentario e ao desenvolvemento rural.
Coren produce los únicos huevos camperos de gallinas criadas en libertad 100% gallegos.
Feijóo compareceu no Comité das Rexións e presentou o ditame co obxectivo fundamental lograr unha maior eficacia e eficiencia na xestión dos fondos europeos para avanzar cara un crecemento intelixente, sustentable e integrador, na estratexia Europa 2020.
Esta mostra na que se verán representados sectores como a sanidade e xenética animal, o sistema de ordeño, agroquímicos e fertilizantes, ou a produción ecolóxica, celebrarase o 5 e o 6 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.