
O lácteo galego, un sector estratéxico
Galicia é unha das rexións con maior produción de leite de toda Europa, e o líder en España. Practicamente un 40% da produción de leite en España sae da comunidade galega, que ten ademais máis da metade das explotacións lácteas do país. Todo isto é posible grazas a máis de 7.000 gandeiros que producen preto de 2,8 millóns de toneladas anuais, e que facturan uns 800 millóns de euros ao ano.
E non só falamos dunha grande produción desde o punto de vista cuantitativo, senón tamén cualitativo: Precisamente iso é o que garante e identifica de xeito sinxelo Galega 100%, leite da maior calidade. O selo tamén favorece o posicionamento da marca nos mercados, xa que o consumidor que adquire produtos con este selo sabe que está comprando leite de Galicia e de calidade excepcional.
Unha intensa actividade de promoción
Para impulsar e dar a coñecer este selo, estase desenvolvendo unha gran campaña de promoción. No ano 2019 o selo participou en eventos gastronómicos como o Forum Gastrónomico da Coruña, Xantar (Ourense) ou Expordes; tamén en competicións deportivas como os partidos de baloncesto en Ourense ou as carreiras pedestres en Frades, Porto do Son e Santiago de Compostela. En todas estas actividades foron repartidos máis de 60.000 briks de leite acompañados de folletos informativos sobre a marca, as súas vantaxes, e como identificar este leite nos puntos de venta.
'Galega 100%' e Galicia Calidade
Galicia Calidade é un selo con ampla traxectoria na nosa comunidade, que pretende dar un valor engadido a produtos galegos de calidade: produtos con Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida, produtos derivados de razas gandeiras autóctonas galegas, ou simplemente que cumpran os requirimentos de excelencia en procesos de produción e transformación.
E non só iso, senón que ademais é unha aposta transversal e estratéxica, enmarcada na Galicia Verde, a Galicia Innovadora, a Galicia Moza e a Galicia Familiar.
A partir deste ano o selo Galega 100% vaise beneficiar tamén deste pulo, a través de prescriptores nacionais e internacionais, nun proxecto que irá aumentando progresivamente o seu alcance (comezando co autonómico, para seguir despois co nacional e internacional). O cumio deste proxecto chegará no I Congreso Internacional de Galicia Calidade, que vai poñer en valor a oferta de todas as empresas que se acollen a este selo en xeral, e daquelas dedicadas á produción alimentaria en particular, cun énfase especial no concepto de Dieta Atlántica.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.