Noticias

Os ingresos tributarios da Comunidade Autónoma medraron un 1% en 2019

Os ingresos tributarios da Comunidade Autónoma no exercicio 2019 situáronse en 6.076 millóns de euros, segundo reflicte a ‘Explotación estatística da información tributaria’ publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Isto supón un incremento do 1% respecto ao 2018, pese ao descenso no ingreso do Imposto sobre Valor Engadido (IVE) polo impago de 204 millóns que aínda mantén o Goberno central. En concreto, o capítulo de impostos directos aumentou un 4,9% ata chegar aos 2.486 millóns, mentres que o capítulo de impostos indirectos reduciuse un 1,7% e situouse nos 3.401 millóns. Finalmente, o capítulo de taxas e outros ingresos mantívose estable –medrou un 1%- e ascendeu a 189 millóns. Na liña de anos anteriores, dous impostos estatais (IRPF e IVE) concentran máis do 70% do ingreso tributario de Galicia.

En canto á evolución dos principais impostos, o maior incremento rexistrouse no IRPF –cun crecemento do 8,8%- grazas á evolución positiva que tiveron o mercado laboral e os salarios durante o pasado ano. De feito, o IRPF foi en 2019 o tributo que realizou maior achega á Comunidade Autónoma, un total de 2.249 millóns de euros, mentres que en 2018 fora o IVE.

Pola contra, o IVE rexistrou en 2019 un descenso do 3,6% e reduciu o seu ingreso ata os 2.043 millóns de euros. Pese ao incremento do consumo rexistrado o pasado exercicio, este imposto tivo unha evolución negativa polo impago da mensualidade do ano 2017 que o Goberno central aínda non aboou ás comunidades autónomas, e que no caso de Galicia representa unha débeda de 204 millóns de euros.

Baixada do Imposto sobre Sucesións

En termos porcentuais, o maior descenso nos principais tributos que ingresa a Comunidade Autónoma produciuse no Imposto sobre Sucesións e Doazóns, que baixou un 34% polo pleno efecto da rebaixa fiscal aprobada pola Xunta de Galicia e unha vez que en 2018 rematou o efecto do plan especial da loita contra a fraude iniciado en 2017. En contraste, o ingreso do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados medrou un 7,8% por mor da evolución positiva do mercado inmobiliario o pasado ano.

R., 2020-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES