
A xuntanza tamén serviu para dar a coñecer as medidas que a Xunta está a preparar para a implantación dos sistemas de prevención e saúde, incluíndo máis material de protección tanto para os traballadores como para os clientes.
Así mesmo, estanse a elaborar guías sanitarias e poñerase en marcha unha campaña de divulgación e información de comercio seguro. A través dela, enviaranse elementos informativos para colocar nos mostradores de todos os establecementos que levarán recomendacións da Xunta, así como unha campaña en redes sociais, baixo o lema #SeguimosAdiante.
Nesta liña, outra medida será a creación da plataforma Comercio Seguro, para que cada comerciante, dun xeito directo e sinxelo, poida realizar un autodiagnóstico en liña que lle facilite unhas recomendacións básicas sobre que medidas sanitarias e de prevención debe tomar no seu negocio. Ademais, facilitarase a formación para os comerciantes sobre temas de protección da saúde.
Sobre a seguridade e a saúde, o titular do Goberno galego e os representantes do comercio coincidiron na necesidade de que o conxunto dos cidadáns sexa corresponsable e extreme as medidas de prevención.
Medidas para uso e adecuación de novos formatos
Para apoiar ao comercio nesta primeira fase da reactivación, Feijóo mencionou a inxección de liquidez a pemes e autónomos un total de 30 millóns de euros cos que se prevén mobilizar 250 millóns-.
A isto, engadiu que, para promover o uso e a adecuación a novos formatos de venda neste novo escenario, poranse en marcha axudas á dixitalización, para a activación de redes sociais, posicionamento web, software de xestión ou participación en portais. E ademais, fixo fincapé no impulso á loxística e a venda en liña.
Por último, o presidente da Xunta sinalou a opinión da Xunta de que os ERTE de autónomos de baixa por cesamento de actividade precisan dunha actualización da normativa laboral por parte do Goberno central, co obxectivo de dar flexibilidade ao comercio e permitir que se poidan adaptar ao comezo da actividade.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.