
Os locais deben manter as medidas de seguridade establecidas polo Ministerio de Sanidad. Neste sentido, a Xunta, a través do Plan de Reactivación do sector turístico, reservou un total de 5M no marco do programa Galicia destino seguro para entre outras medidas favorecer a adecuación hixiénico-sanitaria dos establecementos hostaleiros, garantindo a seguridade de traballadores e usuarios.
Alfonso Rueda indicou que aprobase esta ampliación do aforo ata o 50% dos locais de hostalería en toda Galicia cunha especial chamada de atención á responsabilidade aos usuarios da hostalería e o sentidiño que se reclama sempre dende a Xunta de Galicia para poder seguir progresando durante esta pandemia, seguir pasando de fase e pouco a pouco ir recuperando a nosa vida normal
Na reunión, tamén se deu traslado á Fegamp da proposta do Goberno galego de facer
test serolóxicos de dobre banda a todo o persoal da Policía Local galega. Esta medida estendese tamén aos axentes da Policía Nacional e da Garda Civil, tal e como xa indicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda esta semana. No caso de que nestes test se detecten casos positivos, procederase a facer unha proba PCR.
Foron tamén analizados os datos relativos á evolución de pasaxeiros no transporte público de titularidade da Xunta. Constátase que as medidas adoptadas polo Goberno galego para favorecer unha mobilidade segura están a propiciar un incremento da demanda.
A confianza dos usuarios no transporte público queda reflectida na tendencia de crecemento que vén experimentando desde a entrada de Galicia na fase 1, cando se pasou dunha media diaria de 6.974 usuarios a 12.000 na semana do 11 ao 17 de maio. A recuperación de usuarios continuou durante a semana do 18 ao 22, chegando a un máximo de 15.840 pasaxeiros que empregaron o transporte público da Xunta o venres día 22 de maio.
Por outra banda, o CECOP acordou tamén adecuar á realidade actual da emerxencia sanitaria os labores dos axentes ambientais e bombeiros forestais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (Spdcif) de Galicia, no que se refire á desinfección nos exteriores de centros de saúde, residencias de maiores e discapacitados e outro tipo de instalacións, como parte da súa colaboración voluntaria para previr o contaxio da covid-19.Así, tendo en conta que a súa actuación debe centrarse agora de maneira prioritaria na prevención e loita contra os incendios forestais, acordouse realizar estes traballos naqueles centros e instalacións indicados pola Consellería de Sanidade, determinados consonte a criterios obxectivos segundo os índices sanitarios ou de saúde pública correspondentes.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.