Noticias

Xunta e sector acordan incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana

A Xunta e representantes do sector acordaron incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana. A decisión, que xa foi avanzada o pasado domingo polo presidente do Goberno galego, abordouse nun encontro entre representantes sectoriais e o conselleiro de Cultura e Turismo. A intención é que se aprobe na próxima xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) co obxectivo de que os bares, cafeterías ou restaurantes poidan aplicalo a partir do próximo luns. O acordo chega despois de que nas últimas instrucións publicadas no BOE para os territorios na fase 2 da desescalada, o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades a ampliar o aforo máximo no interior dos establecementos.

Na xuntanza participaron ademais a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, así como representantes do Clúster Turismo de Galicia, da Asociación Provincial de Hostelería de A Coruña, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo, da Federacion de Hosteleria de Ourense, da Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra, da Asociación Hostelería Compostela, da Asociación de Empresarios del Camino de Santiago a Finisterre y Muxía e do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

Durante o encontro, realizouse ademais un seguimento do proceso de apertura e analizáronse as expectativas de cara a temporada estival. Segundo os representantes do sector, coa entrada de Galicia na fase 2 da desescalada retomaron a súa actividade preto do 50% dos establecementos de restauración e agárdase que nos próximos días se vaian incorporando novos negocios. No que respecta ás previsións nos negocios de aloxamento para o verán, constátase que neste momento a cifra de reservas supera xa a de cancelacións.

R., 2020-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES