Actualidad de Economía

Noticias economia

A fábrica de Vigo do Grupo PSA é unha das principais plantas de produción da compañía e un dos piares da economía da cidade e de Galicia. Entre 2014 e 2019, o efecto tractor de PSA permitiu crear na comunidade 5.000 novos postos de traballo, ata alcanzar os 22.300 empregos directos no sector da automoción; e os modelos K9 e V20 supoñen unha importante cifra de negocio para o sector auxiliar galego, chegando aos 1.100 millóns de euros. Ademais, PSA participa en dúas iniciativas como a Business Factory Auto, que está a desenvolver a súa 4ª edición; e o Hub de Innovación Dixital, impulsado polo Cluster de Empresas da Automoción de Galicia.
Galicia pechou febreiro de 2020 con 7480 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -4,31% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos, xa que en febreiro de 2009 había 206.570 parados fronte aos 166.229 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en tres puntos á media estatal, situándose como a segunda Comunidade na que máis descende o desemprego en termos absolutos e a terceira en relativos. Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de febreiro e faino nas catro provincias galegas.
A economía galega repuntou no 4º trimestre do ano ao rexistrar un crecemento interanual do 1,8%, unha décima máis que o trimestre anterior, ao tempo que creou 14.903 postos de traballo a tempo completo asalariados, segundo os datos de contabilidade trimestral publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE). No último trimestre do ano, o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 1,8% en taxa interanual, unha décima máis que no trimestre anterior. En canto á evolución sobre o terceiro trimestre, os datos do IGE mostran que a economía galega rexistrou un avance do 0,5% en taxa trimestral, tamén unha décima máis que no trimestre anterior.
O sector agroalimentario xera en Galicia un total de 103.521 postos de traballo, o que supón un 9,3% do traballo total, e achega un 6,9% do Produto Interior Bruto (PIB) da economía autonómica (4.126 millóns de euros), segundo un estudo sobre a actividade publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e elaborado a partir de datos de 2017. As actividades primarias son as que predominan, especialmente en termos de emprego, xa que o 69,4% dos postos de traballo do sector proveñen das mesmas. A rama con máis xeración de valor e con máis postos de traballo creados é a ‘Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas’. Séguelle en importancia a ‘Pesca’ e a ‘Industria de procesamento e conservación de peixes, crustáceos e moluscos’.
Os mozos galegos contarán cun novo Plan estratéxico de xuventude, con 125 medidas para os ámbitos do emprego, o rural, a creatividade, a formación, a participación e o Xacobeo 2021. Na súa elaboración tivéronse en conta as prioridades da mocidade, a través de encontros provinciais e de cuestionarios de valoración das políticas da Administración autonómica, que supuxeron contar coa opinión de máis dun milleiro de mozos. Entre as novas iniciativas que contempla o plan destaca a convocatoria, nas vindeiras semanas, dunha nova liña de axudas para a obtención do carné de conducir de tipo B e C , un dos principais requisitos para acceder a un posto de traballo.
As exportacións galegas rexistraron o ano pasado un novo récord, cun total de 22.196,7 millóns de euros, superando nun millón de euros o dato definitivo de exportacións do 2018. No tocante ao saldo comercial, Galicia rexistra unha balanza positiva en 2.382,5 millóns de euros, mentres que a nivel nacional se acumula un déficit de 31.979,6 millóns de euros. En termos absolutos, a balanza comercial galega é a cuarta mellor das comunidades autónomas. Así, en 2019 Galicia supera por segundo ano consecutivo a barreira dos 22.000 millóns de euros, co que a Comunidade está vivindo o mellor ciclo exportador da súa historia.
O vindeiro 12 de marzo, a Cidade da Cultura acollerá o Foro Empresarial AJE Galicia 2020, un encontro para debater e coñecer novas tendencias en innovación e investimento, enfocado a mellorar a produtividade das empresas galegas. O evento reunirá a empresarios e institucións de toda España, de todos os sectores, e está dirixido a mozos e mozas emprendedoras e universitarias con vocación de crear a súa propia empresa; así como empresarios e empresarias, e organismos relacionados co mundo corporativo. O evento contará con relatores como o coñecido empresario, asesor e coach, Emilio Duró ou a empresaria coruñesa Yaiza Canosa, CEO da startup logística GOI e elixida en 2017 como unha das 30 persoas menores de 30 anos con maior proxección profesional pola revista Forbes (30under30).
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta solicitará ao Executivo central que modifique a normativa nacional sobre prezos para evitar a venda a perdas no agro, así como á elaboración dunha lei de incentivos fiscais para os sectores agroalimentario e forestal. O titular da Xunta explicou que Galicia demandou novamente unha garantía de prezos xustos para o agro que faciliten que as actividades dos agricultores e dos gandeiros sexan rendibles.
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, organizou unha reunión para avaliar cos representantes das diferentes autonomías a situación dos prezos dos produtos do agro. Nela, o conselleiro do Medio Rural, José González, demandou unha garantía de prezos xustos para o agro que faciliten a rendibilidade na actividade dos agricultores e dos gandeiros. Neste sentido, González lembrou que a normativa comunitaria e española sobre competencia impide fixar uns mínimos para os produtos agrícolas, pero si se pode actuar para que a cadea de valor constrúa o prezo dos produtos do sector primario a partir do custo de produción dos agricultores e gandeiros, evitando así as vendas a perdas.
Galicia volveu cumprir en 2019 os obxectivos de déficit e débeda fixados no orzamento e pagou aos provedores na metade de tempo que a media autonómica. Segundo o informe presentado pola Consellería de Facenda, sobre o avance do peche do exercicio 2019, Galicia de novo cumpriu o obxectivo de déficit previsto, que era do 0,1% e quedou no entorno do 0,09%, executando o orzamento aprobado polo Parlamento de Galicia, que incluíu como ingresos os preto de 200 millóns de euros da mensualidade do IVE do ano 2017. No que atinxe ao endebedamento, a comunidade volveu cumprir en 2019 o seu tope máximo autorizado e baixou a débeda.
« Anterior | 45  de  381 | Siguiente »

Notas economia

O 2º Barómetro “
Percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia 2013”, presentado polo C.R.A.E.G.A, amosa que un 92% dos consumidores galegos coñecen estes alimentos. A maioría os escolle por saúde e polo seu sabor, e fidelizan a súa compra.
Estes profesionais ofrecen unha visión alternativa ás medidas económicas actuais que debilitan os servizos públicos básicos e denuncian a manipulación da opinión pública para xustificalas.
O presidente da Xunta, logo do consello semanal, salientou que os esforzos de Galicia en materia financeira están dando resultados e converteron á Comunidade na máis solvente de toda España e na únida con estabilidade orzamentaria.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño amosa o traballo de 15 obradoiros artesáns nunha das maiores feiras de decoración do deseño nórdico en Estocolmo. A escolma inclúe desde olería tradicional ata a cerámica actual de Lucía Catuxo e a cestería contemporánea de Idoia Cuesta.
Abordar o segundo reto da crise que pasa pola creación de emprego, o crecemento e novas oportunidades, requerirá do tesón empresarial e da estabilidade institucional. O dixo o presidente da Xunta nun encontro con empresarios galegos onde insistiu en que o país vai saír da crise “en pé e con novos folgos”.
Dar un novo impulso social e económico, afondando na reforma da Administración pública, son algúns dos obxectivos do centenar de plans programados polo Goberno galego para preparar a Galicia do 2020, que agora xa teñen un cronograma de acción.
Aboarase nun único pago no mes de xaneiro, a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde os beneficiarios teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación. A Xunta destaca o enorme esforzo que fai Galicia para manter este complemento e incrementalo un 30% respecto a 2009.
Este financiamento constitúe só unha parte de todo o investimento que realizará a Xunta en materia laboral ao longo de 2014 xa que, a elas, sumaranse outras destinadas á mocidade, á cooperación cos concellos ou aos autónomos.
El Grupo Coren compartió con el Papa y familias desfavorecidas de Roma el producto gallego conocido como la Pularda del Convento: el resultado de una cría esmerada y totalmente tradicional.
Na despedida da actividade parlamentaria, o presidente da Xunta destacou que en 2013, por primeira vez desde 2007, Galicia terá menos paro nun contexto complicado que pasa por manter á Comunicade como solvente, garantindo o autogoberno galego e mantendo os servizos públicos.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES