
O Congreso AJE Galicia realízase en virtude dun convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a Asociación de Jóvenes Empresarios. A través deste acordo, ambas entidades programarán actividades formativas e de asesoramento que completen a oferta destinada ás empresas do Centro de Emprendemento do Gaiás así como dos afiliados de AJE Galicia.
Con este convenio asinado polo presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo, e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez ambas entidades renovan a colaboración que manteñen desde 2017, a través da cal a Cidade da Cultura cede un espazo a AJE Galicia no Centro de Emprendemento para a realización das súas actividades, mentres que a Asociación de Jóvenes Empresarios, organiza diferentes actividades de formación e networking, ademais de promocionar entre os seus afiliados as actividades do CEM.
O emprendemento na Cidade da Cultura
A Cidade da Cultura de Galicia ten no emprendemento, a tecnoloxía e a cultura os seus tres eixos principais de actuación. O seu Centro de Emprendemento destinado a proxectos culturais e creativos ofrece un espazo de coworking e un viveiro de empresas, ademais de contar cun programa de titoría e acompañamento na posta en marcha de modelos de negocio, maduración de ideas empresariais, asesoría financeira, networking e showrooms.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.