
Co dato do cuarto trimestre, a primeira estimación de media anual do PIB en 2019 sitúase no 1,8%, catro décimas menos que o ano anterior.
Desde o punto de vista da demanda, no cuarto trimestre o gasto en consumo final medrou un 3,1% e a formación bruta de capital avanzou un 0,4%, o que propiciou unha achega da demanda interna en termos nacionais- de 2,7 puntos. En canto á demanda externa, as exportacións de bens e servizos aumentaron un 3,5% -fronte ao 2,1% do trimestre anterior- e as importacións de bens e servizos creceron un 5,0%, dúas décimas menos que no terceiro trimestre do exercicio.
Desde o punto de vista da oferta, o sector que rexistrou un maior avance no cuarto trimestre foi o sector servizos, que creceu un 2,5%, seguido da construción e da industria, que avanzaron un 0,5%, pese a que a industria manufactureira a máis intensiva en emprego- creceu un 3,2%. O único sector que non rexistrou crecemento foi o primario (-0,1%).
Emprego
O emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, avanzou un 0,9% no cuarto trimestre do ano, mentres que o número de postos de traballo equivalentes a tempo completo asalariado aumentou un 1,7%. Isto supón un aumento de 14.903 postos de traballo destas características no último ano, segundo as cifras do IGE.
Finalmente, o PIB de Galicia valorado a prezos correntes aumentou un 2,6% no cuarto trimestre do ano, dúas décimas menos o trimestre anterior (2,8%).
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.