Notas de prensa

A Xunta pecha 2013 cun pago medio a proveedores de 26.8 días (-40%)

O presidente da Xunta, logo do consello semanal, salientou que os esforzos de Galicia en materia financeira están dando resultados e converteron á Comunidade na máis solvente de toda España e na únida con estabilidade orzamentaria.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, na rolda de prensa do Consello, a xestión responsable da Xunta ao pechar 2013 cun pago medio aos provedores por baixo dos 30 días, concretamente, 26,8 días, un 40% menos que no ano anterior. Deste xeito, constatou que os esforzos feitos por Galicia en materia financeira están dando resultados e converteron á Comunidade na máis solvente de toda España e na única que se moveu sempre no contorno da estabilidade orzamentaria desde o comezo da crise.

O titular da Xunta resaltou que ter as contas saneadas é positivo porque acredita que Galicia é unha Comunidade solvente e xera confianza nos investidores; “porque executamos mellor os investimentos previstos”; e “porque pagamos en menor prazo aos nosos provedores”.

En total, a Xunta atendeu durante o pasado exercicio 176.000 pagamentos por importe de 8.803 millóns de euros cun primeiro obxectivo: atender a aqueles que máis precisan liquidez, é dicir, dando prioridade aos pequenos provedores, aos empresarios autónomos, ás pequenas e medianas empresas e ás entidades sociais.

“E, en segundo lugar –dixo Feijóo, tamén tentamos cumprir un obxectivo macro que é ter unha demora media nos pagamentos desde que a factura entra na Tesourería da Comunidade Autónoma, moi por debaixo da media do resto das comunidades autónomas”. Así, o período medio de pagamentos en Galicia durante o ano 2013 foi de 26,8 días, situándose no contorno dos 30 días.

Os máis de 8.800 millóns de euros xa pagados pola Administración galega en 2013 dedicáronse, basicamente, ás universidades, á Risga, ao Fondo de Cooperación Local, aos gastos de funcionamento dos centros educativos, ao transporte escolar, aos libros de texto, ao pagamento das farmacias, aos centros hospitalarios concertados e á atención á dependencia e á discapacidade.

Feijóo salientou a importancia da cantidade aboada, que representa o 15,72% do PIB autonómico. Polo tanto, argumentou, “se estamos pagando nos prazos e isto afecta ao 15,72% do PIB de Galicia estamos, sen ningunha dúbida, colaborando a unha mellor situación financeira das empresas e dos provedores da Xunta”. Ademais, destacou a mellor evolución respecto ao ano pasado, ao baixar a demora media nos pagamentos nun 40%, con cifras que superaban os 40 días.

O presidente do Executivo autonómico afirmou que este nivel razoable de pagamento a provedores está sendo compatible cun ritmo axeitado dos investimentos. Non en van, os últimos datos do Ministerio de Facenda indican que o nivel de pagamentos da Administración galega no capítulo de investimentos reais se situou no 82,1% ao peche do terceiro trimestre de 2013, 12 puntos mellor que a media das comunidades. Así mesmo, Galicia rexistra tamén un nivel de execución do orzamento do total de presupostos que é 8,3 puntos superior á media das comunidades autónomas.

Ante estas cifras, Feijóo expresou a satisfacción de que Galicia estea a executar os orzamentos a un nivel razoable, compatibilizándoo co control do déficit; coa capacidade de seguir financiándonos no mercado tradicional, sendo unha das poucas comunidades que non ten que acudir aos instrumentos de rescate do Estado; e compatibilizando pagar os compromisos de gasto con manter os servizos públicos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES