Actualidad de Economía

Noticias economia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha ampliación no orzamento do 2º Plan de Rescate activado o pasado febreiro pola Xunta para aportar liquidez aos autónomos, microempresas e establecementos hostaleiros e de outra natureza afectados polos peches realizados por criterio sanitario. A Xunta engade 21 millóns de euros ao orzamento do 2º plan de rescate que inicialmente contaba con 75 millóns de euros, o que supón un aumento do 28%. O obxectivo deste incremento no orzamento do 2º plan de rescate é poder chegar, coma xa se fixo co 1º plan, á práctica totalidade das solicitudes que cumpran os requisitos.
A Xunta seguirá reclamando perante o Estado as competencias que Galicia necesita, pero esixirá que as transferencias cheguen acompañadas da financiación necesaria para asumilas e que o Goberno central salde as débedas pendentes coa comunidade autónoma; entre elas, os 204 millóns do IVE do ano 2017. Na súa resposta a unha interpelación no Parlamento de Galicia, o vicepresidente primeiro recordou que o Goberno galego nunca deixou de reclamar as competencias que lle corresponden a Galicia para seguir avanzando no autogoberno sempre dentro do marco establecido pola Constitución española e polo Estatuto de Galicia.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, criticou hoxe a discrecionalidade do Goberno central no reparto dos fondos para loitar contra a pandemia e denunciou que Galicia tería que recibir 660 millóns de euros máis dos que leva percibidos. E neste sentido, pediu o apoio de todos os grupos parlamentarios da Cámara para demandar que nos recursos vinculados ao Plan Nacional de Recuperación, Transición y Resiliencia “se corrixa esta discriminación a Galicia”.
Galicia recupera en febreiro os resultados positivos das súas vendas no exterior que foi acadando nos últimos meses do pasado ano, ao tempo que se incrementa o número das empresas da Comunidade con presenza nos mercados internacionais. Como mostran os últimos datos dispoñibles, as exportacións de febreiro remontan a caída experimentada en xaneiro, cunha suba do 1,4% con respecto ao mesmo mes de 2020, e as empresas galegas que venden produtos fóra ascenden a 3509, o que indica un incremento do 11,4%.
O Observatorio Municipal Galego, iniciativa da Rede Localis, fixo público un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a rede xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo destaca a 'excelente saúde financeira' dos concellos fronte á crise provocada pola covid-19 e recomenda ampliar a suspensión das regras fiscais ata 2022. O documento céntrase no estudo das medidas fiscais e orzamentarias que teñen tomado os concellos galegos de maior poboación e as deputacións provinciais polas repercusións económicas e sociais da pandemia.
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, anunciou na Comisión 7ª do Parlamento que a partir do vindeiro verán poderá atoparse no mercado produto amparado co selo da Artesanía alimentaria. Isto suporá diferentes vantaxes para os produtores, como un aval que garantirá a calidade das súas producións ou beneficiarse de campañas de promoción. O responsable da Agacal sinalou que a regulación da Artesanía alimentaria vai abrir novas oportunidades ás empresas agroalimentarias galegas, como tamén o vai facer a futura lei de calidade alimentaria galega.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a activación dun novo programa financeiro, que estará dotado con 30 M€, para achegar apoios financeiros e contribuír así á modernización e á reactivación das empresas dentro do contexto económico actual marcado pola covid-19. En concreto, a liña de transformación incidirá, dixo, no impulso de proxectos de internacionalización e reforzo da competitividade a través da dixitalización e innovación, da mellora de produtos e procesos, do desenvolvemento tecnolóxico, da profesionalización de equipos directivos e da reestruturación societaria.
Galicia pechou o mes de marzo cunha caída do paro do -2,43%, o que a sitúa como a segunda comunidade autónoma na que máis baixou o desemprego con respecto ao mes de febreiro. De feito, o descenso rexistrado é maior á caída da media do Estado (-1,48%), con case un punto de diferencia. Esta redución supón, ademais, a maior da serie histórica (1996), tal e como destacou hoxe en Santiago de Compostela a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado. Os datos do paro no mes de marzo, segundo valorou Lado, reflicten que Galicia continúa a resistir os efectos da pandemia sobre o mercado laboral.
Galicia pechou o ano 2020 cun diferencial de débeda coa media autonómica de 7,2 puntos, mantendo así o máximo da serie histórica, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia subiu case un punto con respecto ao terceiro trimestre do ano para facer fronte ás necesidades extraordinarias derivadas da pandemia, e situouse no 19,9% ao peche do cuarto trimestre.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves o I Informe de Conxuntura Socioeconómica do Ano 2021. Nel destácase que o impacto da crise na economía galega foi “significativamente menos intenso” que no conxunto do estado. “Galicia resiste mellor o envite da crise que o conxunto do estado. A estrutura económica e produtiva da nosa comunidade, cun peso menor do turismo e a hostalaría e maior do agroalimentario, contribuíron a iso”, indican desde a entidade.
| 36,1  de  387 | Siguiente »

Notas economia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, salientou hoxe que os fondos europeos permitirán construír máis de 106 quilómetros de sendas peonís e ciclistas en Galicia, destinadas a proporcionarlles aos cidadáns accesos seguros e sostibles aos puntos clave de cada vila.
Considera que os casos de corrupción que afloran polo país son produto deste “modelo fracasado” de privatización sistemática.
A conselleira do Medio Rural e do Mar apela á creación de valor engadido como a mellor estratexia diante do novo escenario sen cotas lácteas que, na súa opinión, pode ser unha oportunidade sempre que cada axente da cadea de valor do leite asuma a súa responsabilidade. Fixo estas declaracións no Foro A cadea alimentaria no sector.
Esta feira sectorial que goza dunha grande popularidade e repercusión ten lugar dende o 13 ata o 15 de marzo no Centro Kursaal. Turismo de Galicia participa tamén na feira de turismo sostible Fa’ La Cosa Giusta en Milán.
A segunda edición como feira internacional contou coa presenza de 10 países e recibiu 22.000 visitas, das que 17.800 comeron ou cearon no salón. Manuel Garea gaña por segundo ano consecutivo o Concurso de Cociña Xantar Gourmet
A marca de garantía certifica na actualizade os viños de doce adegas galegas, das cinco denominacións de orixe. Máis de 300 produtos de 51 empresas galegas contan co certificado. Durante os 3 anos de validez, a empresa pode etiquetar e realizar as accións promocionais baixo a marca Galicia Calidade.
Costa Rica será a protagonista dunha edición que conta con 10 países representados. Participan un total de 17 restaurantes con 25 menús entre os 12 e os 30 euros. O programa ofrece máis de 100 actividades orientadas a poñer en valor a gastronomía sostible e saudable. A cita, en Expourense do 4 ao 8 de marzo.
A Xunta salienta o papel das universidades á hora de acadar un maior equilibrio entre mulleres e homes no mundo profesional, durante a xuntanza de traballo con representantes do programa Woman Emprende que colabora con Igualdade na titorización do Programa Emega, para potenciar o emprendemento feminino na Comunidade galega.
A directora xeral de Produción Agropecuaria destacou que os sectores gandeiros foron considerados prioritarios no novo período de programación da PAC e, en particular, o orzamento destas axudas para o sector lácteo supón un aumento do 63%, e insiste en que a Xunta traballa polo futuro do rural galego.
O director da Oficina MEDIA España achegoulles as claves da modalidade ‘Single Project Funding’ desta liña de apoio do Programa Europa Creativa, para a que se mantén aberto o prazo de solicitude ata o 16 de abril. A Agadic ofrécelles aos profesionais do audiovisual galego unha sesión sobre axudas europeas.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES