
Destacou, neste senso, que a comunidade volveu rexistrar menos persoas sen emprego que ao inicio da covid-19 (10.910 parados menos con respecto a abril de 2020). A caída do paro nun 2,43% supón, ademais, que Galicia continúa coa evolución positiva rexistrada nos meses de marzo desde 2013 e que se viu só interrompida en marzo de 2020 polo inicio da pandemia.
O desemprego caeu, así mesmo, nas catro provincias, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e en todos os tramos de idade.
Con respecto ás afiliacións, Lado indicou que creceron na evolución mensual nun 0,47%, un aumento lixeiramente superior á subida do Estado (+0,38%). A comunidade galega é, de feito, a quinta cun maior crecemento das afiliacións en termos absolutos. A pesar da crise sanitaria, e, tal e como apuntou a directora xeral, as cotizacións medran en marzo, continuando coa evolución positiva rexistrada desde 2013 e só interrompida en marzo de 2020 polo impacto inicial da covid-19.
En canto ás contratacións, incrementáronse tamén en marzo con respecto a febreiro deste ano nun 26,09% (formalizáronse 12.830 novos contratos). Lado destacou a importancia dos contratos indefinidos que creceron un 63,7% (+3.588 contratos) triplicando este ritmo de subida ao reflectido na contratación temporal (+21,23%). A tempo completo tamén aumentou con respecto a febreiro nun 20,16%.
Na evolución anual, o paro aumentou en Galicia nun 3,58% (+6.238 persoas). Pese a este crecemento, a comunidade continúa en niveis de desemprego inferiores a hai 12 anos: en marzo de 2009, ao comezo da crise económica, o aumento foi oito veces superior ao de agora. Ao igual que na lectura intermensual, subiu a contratación nun 10,89% (+6.087 contratos) e medrou a de carácter indefinido (+44,28%) e a tempo completo (+12,40%). A contratación indefinida medrou a maior ritmo que no Estado (42,5%).
Manter o emprego
A responsable de Formación e Colocación insistiu en que a máxima preocupación da Xunta é nestes momentos manter o maior número de empregos posibles apoiando, para iso, aos sectores económicos de Galicia.
Tal e como relatou, a prioridade pasa neste momento por rematar os pagos das axudas do segundo Plan de rescate e na activación, o antes posible dun terceiro Plan, en paralelo ás axudas que se están poñendo en marcha noutros sectores coas que se quere estimular o consumo (comercio, turismo ou eido cultural).
Xa estamos deseñando o terceiro Plan de rescate da man dos autónomos e axentes sociais para poder tramitalo en canto o Estado decida transferir os fondos ás comunidades, afirmou Zeltia Lado, quen lamentou que o Goberno central non escoitara ás comunidades, que esiximos un reparto xusto destes cartos. Despois de semanas discutindo entre eles, é preciso que o Estado se preocupe xa polo que verdadeiramente urxe, que é axudar ás empresas e autónomos deste país, enfatizou.
A Xunta xa mobilizou en catro meses, a través dos dous plans de rescate, máis de 160M en axudas directas ás actividades máis afectadas pola pandemia e anunciou que, de ser necesario, seguirán a sacarse os plans de rescate que sexan precisos para acompañar ás restricións sanitarias.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.