
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuníronse en San Caetano coa directora do programa Woman Emprende, Eva López Barrio, e o director de Uniemprende, Carlos Hernández, que lles presentaron as súas actividades para o 2015.
Durante o encontro, Rueda e López Abella mostraron o seu apoio ao programa, co que a Xunta colabora desde fai anos, e salientaron o papel das universidades á hora de acadar un maior equilibrio entre mulleres e homes no mundo profesional, un obxectivo no que o Woman Emprende e a USC están a ser determinantes.
Entre outras iniciativas, os representantes de Woman Emprende presentaronlles dous documentos elaborados no marco de actuación de INNOVATIA 8.3, un proxecto de colaboración entre a USC e o Instituto da Muller e para la Igualdade de Oportunidades que busca promover o emprendemento feminino no ámbito universitario.
O primeiro documento é o Manual de Procedementos 2.0, cuxo obxectivo é introducir a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e na creación de empresas. Como complemento desta manual tamén se confeccionou a Guía Emprende Igual, destinada a servir como ferramenta para a aplicación da perspectiva de xénero no acompañamento ás mulleres emprendedoras.
Titorización do emprendemento feminino
Igualdade tamén colabora con Woman Emprende na titorización do Programa Emega, unha iniciativa destinada a potenciar o emprendemento feminino para que as mulleres se integren no sector produtivo galego poñendo en marcha, mellorando e consolidando as súas iniciativas empresariais a través de diferentes liñas de actuación.
Para conseguir estes obxectivos, desde o ano 2009 a Secretaría Xeral da Igualdade leva investidos no Programa Emega ao redor de 3,8 millóns de euros, un investimento que ten contribuído a crear preto de 500 postos de traballo feminino ao redor de toda Galicia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.