
Os resultados dos dous primeiros meses do ano mostran tamén que a balanza comercial galega rexistrou un saldo positivo de 163 millóns de euros que contrasta co negativo estatal de -2850 millóns de euros e coa baixada do -1,9% rexistrada en febreiro no volume das vendas de todo o Estado. Nun escenario comercial internacional que aínda segue afectado polas consecuencias da pandemia da covid-19 e tendo en conta que en febreiro de 2020 aínda non apareceran a nivel mundial as consecuencias económicas da emerxencia sanitaria, os datos indican a capacidade de resistencia das vendas das empresas galegas no exterior.
Entre as industrias que están detrás do ascenso das exportacións en febreiro figuran a automoción, que incluso mellora os seus bos resultados de vendas internacionais de vehículos dos últimos meses, cun incremento do 34,6% con respecto ao mesmo mes de 2020; a conserveira, que medra un 16,6%; ou os metais e as súas manufacturas, cunha suba do 13,1%. Por países, destacan os incrementos das vendas a países europeos como Alemaña e Italia, con subas do 35,7% e o 18,8%, respectivamente, e asiáticos como China, cun ascenso do 22,6%, e especialmente Xapón, que incrementou as compras a compañías galegas nun 152%.
Galicia xa demostrou o ano pasado unha maior capacidade de adaptación ao contexto actual que a media estatal. Así, as vendas galegas ao exterior sumaron un total de 20.871,7 millóns de euros, o que supón quedar por cuarto ano consecutivo por enriba dos 20.000 millóns de euros. De feito, en 2020, as vendas ao exterior rexistraron o mellor segundo semestre da historia, cun incremento dun 4,5% con respecto ao período de xullo a decembro de 2019.
Así, as exportacións caeron en Galicia catro puntos menos que en España (-6% fronte a un
-10%). A balanza comercial galega foi a segunda mellor en termos absolutos, cun saldo positivo de 4.274,3M, mentres que o saldo comercial estatal foi negativo en -13.422,1M.
Convocatorias de axudas abertas
Para acompañar o traballo das empresas galegas, especialmente das pemes, no fortalecemento da súa presenza no exterior no actual contexto e contribuír a súa recuperación económica, a Xunta vén de reforzar para 2021 e 2022 liñas xa en funcionamento e activar outras novas. Así, nestes momentos están abertas as convocatorias de catro programas de axudas. É o caso do Galicia Exporta Dixital, que conta con 6 millóns de euros para impulsar as vendas internacionais de pemes, autónomos e comercios a través de ferramentas dixitais innovadoras, e do Foexga, plan desenvolto en colaboración coas cámaras de comercio para impulsar accións de internacionalización en máis de 20 países.
En canto aos apoios para que as compañías galegas exportadoras e importadoras poidan coñecer e adaptarse aos novos requisitos derivados da saída do Reino Unido da Unión Europea, as empresas interesadas poden solicitar ata o 17 de maio as axudas do Cheque Brexit, que conta cun orzamento dun millón de euros. Tamén está aberto o prazo de solicitude das axudas para a contratación de expertos en comercio exterior, que facilitarán a incorporación ao mercado laboral de 75 mozos e maiores de 45 anos en situación de desemprego grazas a unha dotación que ascende a dous millóns de euros.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.