A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, salientou hoxe que os fondos europeos permitirán construír máis de 106 quilómetros de sendas peonís e ciclistas en Galicia, destinadas a proporcionarlles aos cidadáns accesos seguros e sostibles aos puntos clave de cada vila.
Ethel Vázquez participou esta mañá nunha mesa sobre o O investimento FEDER en Galicia: necesidades e retos cara o 2020, onde destacou que estas sendas repercutirán de forma beneficiosa na calidade de vida dos cidadáns, que acceder en mellores condicións aos servizos, como centros de saúde, polideportivos e parques, entre outras.
A conselleira de Medio Ambiente destacou a aposta da Xunta pola mobilidade sostible, poñendo en marcha actuacións eficientes que sacarán o máximo rendemento dos fondos europeos. Así, informou que, neste momento, están en proceso de contratación os estudos a nivel de comarcas que definirán as zonas prioritarias para a construción destas sendas e que incluirán a redacción dos proxectos construtivos.
Intermodalidade urbana
A responsable de Medio Ambiente explicou que outra das liñas de acción que se levarán a cabo é o impulso á implantación dun sistema de xestión de transporte en todo o territorio galego, que garanta a intermodalidade urbana e rural, que coordine os diferentes servizos e que consiga un transporte colectivo do século XXI.
Así mesmo, referiuse á execución das infraestruturas de transporte de viaxeiros necesarias para a consecución da intermodalidade en disintas cidades galegas, unha materia para a que se van dispoñer de 27,5 millóns de euros que mobilizarán un total de 34,37 millóns.
Polo tanto, segundo aclarou, os fondos europeos que permitirán realizar os investimentos destinados á execución das novas estacións de autobuses integradas coas de ferrocarril. Así, avanzou a licitación hoxe da redacción do proxecto da estación intermodal de Vigo, e mañá, martes 31, licitaranse os estudos para as novas terminais de autobuses de Santiago e Coruña integradas coas de ferrocarril
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.