
Está coordinado por Alberto Vaquero, co-director da Rede Localis e profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, ademais de membro do grupo Gen.
Desde a Rede Localis destácase da análise realizada que os concellos e deputacións galegas contan cunha excelente saúde financeira, o que lles permite xogar un papel moi significativo ante a delicada situación económica e social provocada pola pandemia. As entidades locais, recalcan os seus expertos, gozan de capacidade económica-financeira para afrontar gastos e son a administración máis próxima ás necesidades básicas da cidadanía: dúas razóns de peso para cumprir co obxectivo de complementar o papel que deben desempeñar a administración xeral do estado e as comunidades autónomas". Neste sentido, desde o Observatorio Municipal Galego suxiren que, na liña do aprobado polo Ministerio de Facenda, a suspensión das regras fiscais débese ampliar ata o ano 2022. Tamén recomendan que "as axudas fiscais, aínda que necesarias, deben ser conxunturais e complementadas con outras vías, como a redución dos trámites administrativos desde a óptica local".
Medidas no calendario fiscal
O documento publicado este venres recolle que as entidades locais teñen optado por medidas fiscais e non por axudas directas para facer fronte á crise económica e social, tanto no exercicio fiscal 2020 como neste inicio de 2021. Durante 2020 e o que leva transcorrido de 2021, sinalan os expertos da Rede Localis, compróbase que "as sete grades cidades galegas aplicaron dúas medidas de calado no calendario fiscal, fundamentalmente baseadas na ampliación dos prazos para o pago de impostos e taxas e na introdución de exencións en aqueles tributos con maior repercusión no comercio, hostalaría e turismo, que foron precisamente as actividades máis castigadas pola covid-19, segundo indican desde a entidade".
Centrándose no comportamento dos concellos, o documento recolle que Ourense, Vigo e Pontevedra son os concellos que menos rebaixas fiscais aplicaron para combater os efectos económicos e sociais da pandemia, tanto en 2020 como en 2021. Pola contra, Ferrol, Santiago e A Coruña son os que máis apostaron pola vía das rebaixas fiscais. Finalmente, o documento da Rede Localis indica que os concellos que máis utilizaron ou teñen previsto aplicar axudas directas son os de Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.