Noticias

Galicia activa un novo programa financeiro para achegar apoio ás empresas e contribuír á súa transformación

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a activación dun novo programa financeiro, que estará dotado con 30 M€, para achegar apoios financeiros e contribuír así á modernización e á reactivación das empresas dentro do contexto económico actual marcado pola covid-19. En concreto, a liña de transformación incidirá, dixo, no impulso de proxectos de internacionalización e reforzo da competitividade a través da dixitalización e innovación, da mellora de produtos e procesos, do desenvolvemento tecnolóxico, da profesionalización de equipos directivos e da reestruturación societaria.

Esta iniciativa enmárcase dentro das recomendacións realizadas polo propio Comité de expertos económicos que asesora á Xunta de Galicia desde o inicio da pandemia.

Máis polo miúdo, Feijóo explicou que o apoio se formalizará a través de operacións de entre 1 e 5 millóns pola vía da achega de capital ou pola do préstamo participativo. E a cambio destas contías as empresas beneficiarias terán que elaborar un Plan estratéxico que recolla as súas aspiracións e inclúa tanto medidas específicas como o seu calendario de aplicación. Mentres que, tal e como sinalou, a Xunta ofrecerá un servizo de consultaría gratuíta para colaborar no seu desenvolvemento.

Finalmente, Feijóo lembrou que esta iniciativa súmase a outras medidas concretas dirixidas a apoiar as empresas e a preparalas para a economía post-pandemia. Ademais, enmárcase dentro dos 187 M€ recollidos nos orzamentos de 2021 para o desenvolvemento de instrumentos financeiros.

R., 2021-04-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES