Notas de prensa

Turismo de Galicia promociónase na Feira Sevatur, en San Sebastián, e na Fa' La Cosa Giusta, de Milán

Esta feira sectorial que goza dunha grande popularidade e repercusión ten lugar dende o 13 ata o 15 de marzo no Centro Kursaal. Turismo de Galicia participa tamén na feira de turismo sostible Fa’ La Cosa Giusta en Milán.

Turismo de Galicia participa na feira turística SEVATUR que se desenvolve dende o próximo día 13 ata o 15 de marzo no Centro Kursaal de San Sebastián.

Esta feira goza dunha grande popularidade, principalmente nas áreas de Guipúscoa, Navarra e o País Vasco Francés, e dunha importante repercusión, xa que está avalada por un dos grupos de comunicación multimedia líderes en España.

Turismo de Galicia estará presente nesta feira sectorial cun expositor de deseño de 36 metros cadrados que difundirá a oferta xeral da Comunidade galega así como a do Camiño de Santiago especificamente.

A asistencia a este evento enmárcase dentro da aposta de Turismo de Galicia por consolidar o mercado turístico nacional que, no pasado ano 2014, rexistrou un incremento do 4,8% no seu volume de pernoitas, con algo máis de catro millóns no conxunto da oferta regrada da Comunidade galega.

A feira SEVATUR ten demostrado constituír unha inversión de altísima rendibilidade para os expositores que, como Turismo de Galicia, manteñen unha elevada fidelidade xa que o público medio que acude a este certame caracterízase polo seu alto poder adquisitivo e a súa cultura viaxeira.

A feira estará aberta ao público xeral durante os seus tres días de celebración nos que se espera que o Kursaal reciba a máis de 18.000 visitantes.

Mercado potencial de gran interese

SEVATUR é o mellor escaparate para chegar a un mercado potencial moi interesante para Galicia, como é o País Vasco, Navarra e o crecente mercado francés.

Segundo o INE, no pasado ano 2014 rexistráronse nos establecementos regrados de Galicia un total de 127.579 viaxeiros procedentes do País Vasco, un 4,3% do total de españois que visitaron a nosa Comunidade.

O mercado vasco xerou máis de 292.897 pernoitas, o 4,4% do total nacional. Deste xeito, foi o sexto mercado español máis importante, sen contar ao galego.

En canto á importancia do mercado vasco no que se refire ao Camiño de Santiago, no ano 2014 contabilizáronse un total de 4.935 peregrinos desta orixe, supoñendo máis do 2% do total.

Feira Fa’ La Cosa Giusta

Así mesmo, Turismo de Galicia participa tamén na Feira Fa’ La Cosa Giusta en Milán.

Tratase dunha feira de turismo sostible na que Galicia centrará a súa promoción no Camiño de Santiago.

Despois de España, o país do que procederon mais peregrinos no pasado ano 2014 foi Italia, superando a cifra dos 20 mil peregrinos e aumentando en relación ao 2013 en case un 30%.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-03-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES