
Con todo, Alfonso Rueda recordou na Cámara galega que Galicia ten hoxe en día outras prioridades que reclamar perante o Goberno central, como o cobro da débeda do IVE do ano 2017, os compromisos pendentes coas infraestruturas, o apoio ao tecido industrial e produtivo e a mellora dos servizos públicos do Estado na comunidade.
En concreto, o vicepresidente primeiro referiuse no Parlamento de Galicia á recente sentenza do Tribunal Supremo que deu a razón a Castela-León na súa reclamación do IVE pendente do ano 2017. Tendo en conta que Galicia fixo unha demanda similar, Rueda reiterou a necesidade de que o Goberno central devolva á Xunta os 204 millóns que lle corresponden antes de que se pronuncien os tribunais.
De convocarse a Comisión Mixta que reclama a Xunta, o Goberno galego esixirá novas transferencias sempre que sexan útiles e sempre que melloren a xestión, xa que a clave para mellorar o noso autogoberno non é ter máis competencias por ter, senón exercer as que se teñen, indicou Rueda.
Con ese obxectivo, Galicia esixirá a financiación necesaria para poder xestionar os traspasos, e para iso pediu ao Goberno central vontade de diálogo e acordos con Galicia deixando de lado agravios comparativos entre comunidades autónomas.
Respecto por Galicia e polo seu goberno
Alfonso Rueda subliñou que para que se dea ese diálogo ten que haber respecto por parte do Goberno central a Galicia, e lamentou que, en contra dese necesario talante, o Goberno que representa a todos os galegos non fose convocado á reunión que hoxe mantivo o secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez, para acordar o plan de seguridade do Xacobeo 21-22. O autogoberno consiste en ser respectados, recalcou o vicepresidente.
Na negociación dos transferencias, o Goberno galego dará prioridade a demandas históricas como son o traspaso da AP-9 e o do dominio público marítimo-terrestre, sen esquecer outras pendentes desde hai máis dunha década ou as que xurdiron posteriormente.
Galicia é a terceira comunidade autónoma con máis traspasos acadados, cun total de 154 transferencias desde o ano 1978.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.