//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
A Filmoteca de Galicia xa ten preparada a súa carteleira de febreiro, que desde mañá e ata finais de mes lle propón ao público 36 novas citas cinéfilas. Destaca, entre elas, a visita do cineasta finés Aki Kaurismäki, quen estará o mércores 7 de febreiro ás 20,30 horas na sede da cinemateca da Xunta na Coruña para presentar a súa última longametraxe, Fallen Leaves. A fita, que é xa o seu maior éxito en España con máis de 110.000 espectadores e aínda se atopa en cartel en moitas cidades, poderá verse con subtítulos en galego como parte da retrospectiva que a Filmoteca de Galicia lle dedica ata o mes de abril. Xunto co arranque deste ciclo, a nova carteleira mensual tamén porá o foco no realizador galego Lois Patiño, ademais de lle dar continuidade ao especial co que repasa algúns dos títulos esenciais de Wim Wenders.
Unha vida viquinga poderá visitarse, con entrada libre e de balde, entre xullo de 2024 e xaneiro de 2025 no Museo Centro Gaiás. Tamén no derradeiro trimestre do ano chegará ao Museo do Mar de Galicia en Vigo outro proxecto expositivo centrado na cultura viquinga, no que destacados nomes da fotografía poñerán o foco sobre lugares, paisaxes e arquitecturas vencellados coas lendas viquingas en Galicia. O discurso expositivo de Unha vida viquinga pretende ir máis alá dos estereotipos do imaxinario popular sobre este pobo, amosando o seu día a día e, dentro dun modelo de presentación da historia diferente, achegándose á vida tanto de homes como de mulleres, e destacando facetas como a participación de muller en campañas guerreiras e de exploración e tamén a organización da vida diaria.
O Gaiás ocupa un papel protagonista ao acoller unha das principais propostas internacionais anunciadas para este ano: a mostra 'Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum' que se poderá visitar, como único destino en España, entre os meses de marzo e agosto. Trátase dunha exposición internacional que amosará en Santiago o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén, composto de doazóns das monarquías católicas europeas ao longo de 500 anos. Destaca tamén a presenza de Galicia na celebración da XXVII edición da exposición Las Edades del Hombre que no 2024 terá unha dobre sede.
O ciclo Clásicas Desfeitas, promovido pola Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura, presenta en febreiro un novo Hamlet que mestura a linguaxe escénica e a interactividade propia dos videoxogos para crear unha nova obra de teatro itinerante na que o público participa directamente no desenvolvemento da trama. Logo de catro anos e once producións, Clásicas desfeitas consolídase como unha innovadora aposta de apoio á creación que permite redescubrir obras e autores da literatura galega e universal baixo a ollada da linguaxe escénica contemporánea. Rosalía de Castro, Sor Juana Inés de la Cruz, Gil Vicente, Virgina Woolf, Albert Camus ou Sófocles son algúns dos nomes sobre os que xa traballaron as artistas galegas e internacionais participantes.
A industria musical galega ten un efecto global na economía de Galicia de 227,7 millóns de euros e implica unha xeración de emprego de 3250 postos de traballo, valores que resultan da suma dos impactos directo, indirecto e inducido. Estas son as cifras que recolle un informe pioneiro de autodiagnose do sector impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O informe, titulado 'Impacto da industria musical de Galicia: tendencias, retos e oportunidades', recolle valores do ano 2022 mediante un proceso de investigación social e económica con rigor académico.
A Cidade da Cultura acolle esta fin de semana unha selección do mellor cinema para público miúdo coa oitava edición de Pequefilmes. O festival internacional de curtametraxes infantís proxectará no Gaiás máis de medio cento de obras procedentes de 16 países repartidas nas xornadas do venres 26, o sábado 27 e domingo 28. Ademais de gozar en familia dos filmes, os nenos e nenas tamén se converterán en pequenos críticos de cine, xa que será a cativada a encargada de elixir cos seus votos as mellores curtametraxes que serán premiadas no festival.
Composta por seis paneis, a mostra recolle o percorrido da lingua galega na liturxia nestes 55 anos partindo da aprobación, en 1963, do uso das linguas vernáculas na liturxia no Concilio Vaticano II ata a aprobación, cinco anos máis tarde, do galego como lingua litúrxica nas dioceses de Galicia. Unha nova que se faría pública o 7 de xaneiro de 1969, con gran repercusión na situación social do momento. Parte fundamental deste fito foron tamén as primeiras traducións ao galego dos textos litúrxicos como o Misal Romano ou a Biblia, que a Xunta volve editar en colaboración con SEPT co obxectivo de levar a lingua a todas as parroquias galegas.
A Xunta impulsa un ano máis a comercialización da Artesanía de Galicia no mercado internacional a través da participación nunha nova edición da feira profesional Formex, que se celebra en Estocolmo (Suecia) entre hoxe e o xoves 18 de xaneiro. A través da Fundación Artesanía de Galicia, preséntase unha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea na que participan 27 obradoiros artesanais especializados en diferentes oficios. Durante catro días pódese ver na capital sueca unha selección de olería tradicional de Buño e de Gundivós, así como de olería contemporánea, pezas de cestería, cerámica, madeira, pedra, tecido, coiro, bordado contemporáneo, así como coitelos e figuras tradicionais elaboradas con miga de pan.
A Residencia Literaria 1863 acaba de resolver a bolsa para a IV edición da Residencia Xacobeo para tradutores de literatura galega. A autora este ano será a tradutora e editora norteamericana Lindsay Semel, quen traducirá ao inglés a novela No ventre do silencio de Xosé Luis Méndez Ferrín. O obxectivo da Residencia Xacobeo é estimular e promocionar a tradución de obras literarias en galego, así como impulsar as letras galegas no estranxeiro. Esta cuarta convocatoria é unha nova oportunidade para que un tradutor literario, neste caso Lindsay Semel, poida traducir unha obra galega nunhas condicións de excelencia e empapándose da cultura que as viu nacer.
A Cidade da Cultura foi a insignia da cultura galega en 2023, segundo vén de publicar o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, un prestixioso informe elaborado coas valoracións de 414 expertos e profesionais de toda España que mantén a Galicia como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta. Así, o Gaiás encabeza a listaxe de propostas culturais en Galicia e entra no número 63 do ránking nacional, no que tamén figura o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no 84, 13 postos por riba de 2022. Este recoñecemento avala así a calidade e innovación da programación ofrecida pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, que leva cinco anos consecutivos situándose nas tres primeiras posicións deste ránking galego.
O XXI Encontro Universitario de Danza desenvólvese no Campus de Lugo os días 12 e 13 de abril, e en Compostela o 19. Este foro, promovido para favorecer o intercambio cultural a través da danza e para achegar esta disciplina á sociedade, posibilitou nestes anos que compañías universitarias procedentes de Francia, Portugal, Lituania, Reino Unido, Italia, México, Porto Rico ou Colombia presentasen as súas respectivas creacións artísticas na USC.
O 19º festival internacional de cinema Play-Doc (Tui, do 26 de abril ao 1 de maio) presenta unha nova entrega desta proposta que leva o cinema máis aló da pantalla tradicional. A través dun percorrido nocturno guiado pola cidade monumental de Tui, os espectadores descubrirán como unha serie de instalacións e espectáculos audiovisuais transforman espazos históricos normalmente pechados ao público.
Do 20 de abril ao 6 de maio, a cidade de Ourense volverá acoller unha nova edición, a 28ª, da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). Baixo o leva A mostra dunha cidade. O teatro dunha universidade, a cita contará con 20 espectáculos, principalmente de teatro universitario e profesional pero tamén de música, circo e danza ofrecidos por compañías estatais e foráneas. Entre elas, as aulas escénicas da Universidade de Vigo terán un papel destacado.
Achegar a enorme actividade das librarías galegas ao gran público, e, ao mesmo tempo, xerar acción lectora nas rúas. Estes son os grandes retos que a Federación de Librarías de Galicia enfronta neste 2023, e, para acadalos, ven de presentar, xunto coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, as dúas grandes propostas deste ano.
O que fora profesor da USC e presidente da Xunta de Galicia, Emilio Perez Touriño, acaba de presentar en Bruxelas, no hub de prensa do Parlamento Europeo, o seu libro El horizonte europeo, editado na colección Ensaio do selo USC Editora, pertencente ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da institución compostelá.
A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, celebra este ano as súas vodas de prata, 25 anos de representacións que, ano tras ano, achegan ao público galego os traballos das aulas teatrais de universidades dos cinco continentes. A nova edición arranca o vindeiro mércores día 29 ás 18.30 horas no Teatro Roberto Vidal Bolaño da Cidade Universitaria e estará dedicada en exclusiva ao teatro universitario galego.
Empregar as propostas artísticas como elemento de reflexión que promova o espírito crítico do alumnado impregna a filosofía da I Primavera Cultural da USC, 'un programa compacto que concentra a maioría de propostas culturais impulsadas dende a Universidade, integrando baixo un mesmo paraugas as iniciativas que levamos anos desenvolvendo xunto con outras novas a cargo de artistas emerxentes'.
Ortiga e Dani, nomes artísticos de Manuel González, alias Chicho, e Daniela Díaz Costas, conforman o cartel de Sonora `2.3, o festival das novas músicas da UVigo que se celebrará o 13 de abril a partir das 17.30 horas no teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria do campus vigués. Dani será a primeira en subir ao escenario do Vidal Bolaño a partir das 17.30 horas, mentres que Ortiga comezará a súa actuación unha hora máis tarde. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade do teatro.
Dirixida polo egresado Miguel Gómez Abad, Cando o tempo acabe é unha curtametraxe de ciencia ficción nacida como traballo de fin de grao (TFG) de varios estudantes da Facultade de Comunicación, que formará parte das programacións tanto do Festival Internacional de Cine de Málaga como dun dos principais escaparates cinematográficos do mundo, o Festival de Cannes.
'Observacións sobre a felicidade (composición e manexo)' da Aula de Teatro da USC abre este luns 6 o XXVII Festival Internacional de Teatro Universitario que se estenderá, en Compostela, ata o vindeiro 11 de marzo, logo de dous anos de parón por mor da pandemia. O Festival constitúe unha fiestra ás creacións teatrais desenvolvidas polas compañías de teatro universitario das contornas galega, estatal e europea.