
A representación da USC é unha peza de 50 minutos de duración, e en lingua galega, con posta en escena de Roberto Salgueiro e asistencia de dirección de Ximena Torrón Núñez. O elenco está integrado por Bárbara MarÃa DomÃnguez, Laura López Esteban, Aira Portos Rey, Laura Codesido Mella e Breixo Barreiro Mira.
Ademais da Aula de Teatro da USC, nesta edición do Festival participan a Escola de Teatro de Tartu-Estonia, a de Superior de Arte Dramática de Madrid, a Superior de Arte Dramática de Galicia, a da Universidade de AlmerÃa e a da Universidade da Beira Interior de Portugal. Todas as representacións desenvolveranse no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 21.30 horas, sendo a entrada de balde previo paso pola billeteira que abrirá cada dÃa ás 19.30 horas. Despois de cada función, haberá un encontro coas compañÃas no ambigú do teatro para falar sobre o proceso de creación das pezas.
Programa
O martes 7 é quenda para o Tartu Studente Theatre de Estonia coa obra Beggar's Blessing (A bendición do mendigo), unha montaxe sen texto de 40 minutos de duración baseada nos contos populares estonianos. Neles, é un motivo recorrente a chegada dun poder extraterrestre que intervén nos eventos terreais de forma que obriga as persoas a tomar unha decisión. Da mesma maneira, nesta peza é o público o que se ve na necesidade de escoller. Cunha estética de pelÃcula muda, o relato transmÃtese a través do movemento e os xestos do elenco e da música da peza. Enor Niinemägi dirixe esta montaxe interpretada por Rutt Vare, Kelly Kittus, Annabel Berg/Katrin Kalma, Kristjan Tammi, Peeter Piiri e Enor Niinemägi con música de Mart Alaru.
O mércores 8 de marzo a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia presenta no Salón Teatro 7 segundos (in god we trust), unha montaxe baseada no texto homónimo De Falk Richter. A peza ten unha duración de 90 minutos e represéntase en lingua galega.
Criadas é a obra coa que a compañÃa Desgarradura, xurdida a partir do traballo de Lucas Ares e VÃctor Longás na Real Escola Superior de Arte Dramática (RESAD), intervén na mostra. O xoves 9 de marzo ofrecen unha nova revisión teatral do clásico de Jean Genet cunha posta en escena que afonda na creación do espazo sonoro, na experimentación con vÃdeo en directo e na exploración das súas posibilidades expresivas. Lucas Ares e Ana Ruth Resco protagonizan esta peza en lingua castelá de 105 minutos de duración.
Xa o venres 10 de marzo a Aula de Teatro da Universidade de AlmerÃa presenta Transición, unha obra escita por Pilar Barberá e dirixida por Diego A. AlÃas que rende homenaxe ao estudantado universitario dos anos 70 e afonda na transformación dun paÃs que saÃa da ditadura. A peza, de 60 minutos de duración, interprétase en lingua castelá.
Teatr'ubi, a compañÃa teatral da Universidade da Beira Interior en Portugal, pecha o festival o sábado 11 de marzo con Tirava-te a dor e ficava com ela, unha peza dirixida e interpretada por Rui Pires con João Gomes, Maria Antónia Marques, Rafaela Schimitt, Rita de Andrade e Thais Teixeira no elenco de intérpretes. A partir de textos de Anaïs Nin, Carlos Drummond de Andrade, Fernando Pessoa, Heiner Müller, Slow J, técese un espectáculo de 40 minutos de duración que se representará en lingua portuguesa.
Coralinda é unha comedia xestual dirixida a público familiar e infantil. A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, a obra constrúe un universo cómico e poético que transita do realismo á hipérbole da vida cotiá. Unha proposta escénica ao estilo dos debuxos animados que aborda a temática da inmigración e do medio ambiente desde o humor, a poesÃa visual e a emoción. A obra convida a reflexionar sobre as experiencias das persoas que viaxan lonxe da súa terra.
Foi presentadoo o novo festival Sons de Vigo que se celebrará do 27 de marzo ao 4 de abril no Ifevi. Este evento aposta tanto por grandes nomes do panorama nacional como por artistas locais da escena galega. A presentación, celebrada no Paseo das Avenidas, xunto ao monumento a Julio Verne como un dos sÃmbolos de Vigo, contou coa actuación de Castle e Milutxo, músicos locais que ofreceron varios dos seus temas. Sons de Galicia forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia, unha iniciativa que impulsa a celebración de grandes citas musicais en Galicia. O ciclo comezará o 27 de marzo con Lingua Urbana, un dos cinco eventos musicais que acollerá o Ifevi dentro desta programación.