
Ao acto, presentado polo eurodiputado Nicolás González Casares, asistiron numerosos membros dos dous grupos maioritarios da cámara, a directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia-Europa, Ana Ramos, e un nutrido grupo de persoal asesor e bolseiros/as tanto da Comisión como do propio Parlamento.
Logo da presentación, xerouse un coloquio sobre os problemas da construción europea e os retos que ten por diante a cidadanÃa da UE e o papel das rexións neste contexto. O autor do libro, do que se imprentou xa unha reimpresión tras esgotarse a primeira edición, está desenvolvendo unha intensa campaña de presentacións que o levou xa a Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Ourense, Betanzos e proximamente Ferrol.
Alegación europeÃsta
Socialdemocracia, Estado Nación, Unión Europea e federalismo constitúen os catro conceptos chave arredor dos cales reflexiona Emilio Pérez Touriño na súa obra El horizonte europeo. A pandemia provocada pola COVID-19 abriu un tempo novo, tal e como relata este ensaio de USC Editora, que poderÃa supoñer unha mudanza do capitalismo, co retorno do Estado e o decisivo papel das polÃticas públicas cara a un sistema máis sostible e inclusivo, sustentado por un novo contrato social entre os gobernos, as empresas e os traballadores, no contexto dunha sociedade civil máis vigorosa. “Vivimos unha época que pode supoñer a necesidade e, aÃnda, a oportunidade para unha socialdemocracia renovada nas súas formas, nas súas polÃticas, e no diálogo coas outras forzas e movementos progresistas, sobre a base indispensable dunha Unión Europea que progrese na súa federalización”, explica na obra Emilio Pérez Touriño.
El horizonte europeo non é un libro de memorias senón unha reflexión fundamentada na ampla experiencia polÃtica do seu autor. A obra é “unha alegación europeÃsta a prol dunha UE unida”, moito máis nun mundo “polarizado” como o actual. De feito, o “horizonte” ao que se fai referencia apunta cara a “unha Europa unida e en paz, como primeiro proceso de creación dunha democracia supranacional entre pobos que secularmente se enfrontaron, en terribles conflitos bélicos, pola hexemonÃa no continente”, apunta no texto o que fora profesor da USC e presidente da Xunta de Galicia.
O estado do benestar centra o primeiro dos capÃtulos para logo avanzar en dirección á crise do paradigma da socialdemocracia, a gran recesión de 2008 e a quebra do modelo neoliberal, a debilidade socialdemócrata, a ineludible aposta europea, o mercado do traballo e o sistema de pensións cono chanzos febles do estado do benestar, e a centralidade do Estado e a resposta europea á pandemia. Para rematar, o autor afonda nunha nova época a través dunha pregunta: a socialdemocracia revisada?
UcraÃna
Nove meses despois de rematar os oito capÃtulos nos que se estrutura a obra, a guerra de UcraÃna mudou a situación económica e provocou “un punto de inflexión histórica na orde xeopolÃtica global”, afirma Pérez Touriño. Este acontecemento motivou que o autor engadise un capÃtulo especÃfico no que, a modo de colofón, aborda o rol da UE neste novo contexto internacional.
“Alén dos debates ideolóxicos e dos titulares de prensa, fronte aos desafÃos que implica a guerra de UcraÃna, e con máis razón na medida en que a invasión rusa se alongue no tempo, os europeos necesitamos dun gran plan económico con obxectivos a medio e longo prazo sustentado nunha resposta fiscal común”, engade o ex presidente Touriño.
“Avanzar na federalización da UE dende o principio de subsidariedade, construÃr unha Europa máis capaz, máis forte en termos polÃticos e económicos, asumindo a riqueza histórica, a enerxÃa e as capacidades dos estados nacionais que a compoñen, xunto coa súa diversidade e complexidade cultural e polÃtica, é unha senda que cabe recorrer para poder chegar a dar respostas, dende Europa, aos retos sociais e económicos desta nova época”, conclúe Pérez Touriño.
Traxectoria
Pérez Touriño foi profesor titular da USC, institución na que tamén ocupou o cargo de vicerreitor de Asuntos Económicos, e presidente da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. En 1983, obtivo o Premio Nacional de Publicacións Agrarias. É autor de numerosas obras, entre as que destaca, Crise global e crise polÃtica. Unha ollada dende Galicia (2014).
Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do PolÃgono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os dÃas 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artÃsticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de DÃa, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de MarÃa da Pontragha.