Por un lado, a posta en marcha dunha Axenda Cultural online que recolle a enorme actividade que as librarías galegas desenvolven ao longo do ano, dende clubes de lectura até presentacións de libros, pasando por eventos infantís ou coloquis. Esta axenda pretende ser un escaparate para todas as actividades culturais das librarías, permitindo ao público ter acceso nunha mesma web a todas as propostas culturais existentes no gremio.
Queremos fomentar a participación da sociedade nestas actividades, aumentar a oferta de ocio nas localidades, visibilizar a labor cultural que desenvolven as librarías galegas, e ser un espazo de información e relación tamén entre as propias librarías e os seus clientes, explicaba Ramón Dominguez, Presidente da Federación de Librarías de Galicia.
Doutra banda, o evento serviu tamén para presentar o calendario de Feiras do Libro de Galicia 2023, un proxecto que cada ano enche as rúas de diversos concellos de libros, citas culturáis e paixón lectora, e que este ano contará con 14 citas en toda Galicia, comezando o vindeiro venres 21 de abril en Ferrol, e rematando o 26 de agosto en Monforte de Lemos.
Entre medias, Porriño, Lugo, Vilalba, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz. En total, catorce citas coa lectura nas rúas, que prometen achegar a literatura a todos os transeúntes, e que pronto comezarán a desvelar os seus programas.
Calendario completo de Feiras
Ferrol
◦ 21 - 23 de abril Praza da Constitución
Santiago de Compostela
◦ 29 de abril - 7 de maio Paseo Central da Alameda
Porriño
◦ 11 - 14 de maio Rúa Ramón González
Lugo
◦ 16 20 de maio Praza Maior (arriba)
Vilalba
◦ 2 4 de xuño Praza da Constitución
Ourense
◦ 7 - 10 de xuño Rúa do Paseo
Redondela
◦ 15 - 18 de xuño Alameda
Vigo
◦ 23 - 29 de xuño Peonil do Calvario 1
Ponteareas
◦ 13 - 16 de xullo Praza Bugallal
Rianxo
◦ 22 25 de xullo Praza Castelao
A Coruña
◦ 1 - 10 de agosto Xardíns de Méndez Núñez
Viveiro
◦ 12- 15 de agosto Xardíns de Noriega Varela
Foz
◦ 17 - 20 de agosto Praza de Conde Fontao
Monforte de Lemos
◦ 23 - 26 de agosto Rúa do Cardeal
Ambos proxectos contan co finanzamento da Xunta de Galicia, cuxo Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presidiu o acto de presentación desta mañá, acompañado de Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, e María Cristina Rubal, Subdirectora Xeral de Bibliotecas.
No acto estiveron tamén presentes diversos representantes dos concellos que acollerán as 14 citas das Feiras do Libro de Galicia 2023, así como representantes de Cafés Candelas, patrocinador privado dos espazos de tertulia e debate das Feiras.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.