
En Hamlet, o de Cunqueiro título do volume IX do ciclo os profesores da Universidade de Vigo Beatriz Legerén Lago e Antonio Pena adaptan o texto O incerto señor don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro a unha nova proposta multidisciplinar e interactiva onde o xogo está moi presente.
Ambos contan coa experiencia desenvolvida dentro do grupo de innovación docente ComTecArt (Comunicación, Tecnoloxía e Arte nas Contornas Virtuais), responsable tamén da primeira residencia artística de creación dixital e videoxogos da Cidade da Cultura. Esta permitiu a un grupo de universitarios de carreiras diversas vivir en primeira persoa o proceso de creación dun prototipo de videoxogo a partir da novela Arnoia, Arnoia de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Nesta ocasión o resultado non será un videoxogo, senón unha obra de teatro inmersiva na que as decisións e accións da audiencia crearán cada vez unha resposta distinta ás incógnitas sobre o amor, a morte e a familia, que atormentan a Hamlet, o de Cunqueiro. A mecánica de interacción con obxectos, a exploración de diferentes escenarios e os finais múltiples caracterizan os elementos propios dos videoxogos integrados na peza.
A produción deste novo Hamlet destaca tamén por tender pontes entre a cultura galega e a brasileira a través do traballo conxunto que están a realizar no apartado escénico a Cia. Teatral Boccaccione de São Paulo e o grupo teatral galego Marinita y sus Maromas. Ademais, a obra inclúe elementos do relato A Cartomante de Machado de Assis, un dos autores máis relevantes da literatura do Brasil.
A peza está a perfilarse dentro das Residencias Artísticas do Gaiás (REGA) e presentarase ao público na Cidade da Cultura os días 2 e 3 de febreiro, con tres funcións cada día, ás 18,00 h, 19,30 h e 21,00 horas. A función dás 18,00 h do sábado día 3 estará adaptada no seu percorrido a persoas con mobilidade reducida.
Míticas pero secundarias
O díptico Míticas pero secundarias pechará esta nova edición de Clásicas desfeitas con dúas obras que recuperan figuras descoñecidas da literatura grega clásica como protagonistas. Polícrates, Ismene, Crisótemis e Políxena son a fonte de inspiración para os volumes X e XI do ciclo A infeliz felicidade e o prezo do aceite, de Antón Reixa e Tres somos ti, de Antela Cid, que veremos florecer de maneira independente pero complementaria nas Residencias Artísticas do Gaiás.
Temas como o medo ao éxito e a desigualdade sobrevoan ambas propostas escénicas, nas que Antón Reixa e Antela Cid traballan como autores, directores e intérpretes totais, integrando o musical e o audiovisual na escena.
As entradas para Clásicas desfeitas poranse proximamente á venda en Ataquilla (a partir de 9 euros) e no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.