//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonomico presentará no Consello do Patrimonio Histórico Español, que se celebrará na illa da Palma, a candidatura da Ribeira Sacra 'para que se converta en Patrimonio Mundial da Unesco'.
A Ribeira Sacra abarca máis de 16.000 hectáreas de 22 concellos das provincias de Lugo e Ourense e está declarada Ben de Interese Cultural (BIC) desde o ano 2018. Para Rueda 'é un dos maiores tesouros patrimoniais de toda España' que destaca 'pola súa riqueza paisaxística, cultural e enogastronómica'. Por iso, asegurou que a Xunta agarda que 'obteña este recoñecemento internacional'.
O volume presentado en Santiago nun acto no que tamén estivo o reitor da USC, Antonio López, está feito baixo a dirección do catedrático Ramón Villares e afonda na evolución da Facultade de Xeografía e Historia a través de estudos, biografías e testemuños directos, ofrecendo unha obra coral e ilustrada que proporciona unha estampa rigorosa e de calidade dun centro universitario senlleiro que, durante décadas, foi a única licenciatura ofrecida na USC no eido das Humanidades.
A organización do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso presentou hoxe o cartel da súa 17ª edición, que se celebrará do 3 ao 12 de maio en diferentes espazos singulares dos concellos de Ourense, Castro Caldelas e Cea. Trátase dun evento dedicado á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos patrimoniais, que este ano ofrecerá cinco concertos a cargo de formacións de Serbia, Francia e España, ademais do dúo integrado polo arpista galego Manuel Vilas e a mezzo-soprano polaca Paulina Ceremuzynska.
A programación de abril da Filmoteca de Galicia arranca mañá martes coa última sesión de Lazos que unen, retrospectiva da cineasta estadounidense Su Friedrich, que se exhibe na Coruña en colaboración co Festival Punto de Vista de Pamplona. Proxectaranse os filmes The Odds of Recovery e Today como arranque desta nova carteleira, na que destaca a conmemoración fílmica dos 50 anos da Revolución dos Caraveis. En colaboración coa Cinemateca Portuguesa, entre o 24 de abril e o 3 de maio proxectaranse unha serie de documentais filmados nos días da revolución portuguesa e tamén ficcións que retratan a xente nas rúas e as manifestacións, así como o proceso de reforma agraria.
Francisco Asorey (1889-1961) está considerado un dos renovadores da arte galega e unha das figuras máis relevantes na renovación escultórica española do século XX. Traballou a pedra e a madeira nas súas esculturas e con este último material realizou no seu obradoiro de Santiago unha serie de tallas policromadas nas que a protagonista é a muller galega. Nelas experimenta coa cor, levando a cabo un tratamento naturalista aplicando sutilmente a policromía sen perder a calidade da madeira e dotando as pezas de gran humanidade.
A Filmoteca de Galicia avanza no seu labor de recuperación, restauración e conservación do noso patrimonio audiovisual coa recente dixitalización de máis de 30 películas de diferentes xéneros e formatos, realizada ao abeiro do programa Hub Audiovisual da Xunta co obxectivo de poñer en valor e difundir o seu arquivo histórico. Con tal fin, a programación que desenvolve na Sala José Sellier da Coruña conta este ano cunha nova sección que, baixo a denominación Materiais para unha historia do cinema en Galicia, está a exhibir diferentes pezas do fondo da cinemateca, entre as que se atopan filmacións de carácter industrial ou familiar, moitas veces anónimas, pero de gran valor documental á hora de reconstruír a historia do noso cinema.
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
A Xunta de Galicia abriu hoxe ao público a nova sala de arqueoloxía do Centro de Interpretación de Ons, o primeiro museo dedicado a poñer en valor e divulgar os principais restos patrimoniais, arqueolóxicos e etnográficos atopados na illa no marco das escavación realizadas nos últimos anos. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, inaugurou a exposición esta mañá acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e do director conservador do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández.
O Galiverso abre este mes de marzo unha nova fiestra ao universo dixital que conecta a Cidade da Cultura cos 11 centros que forman parte da Rede de Museos xestionados polo Goberno galego. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, participou na presentación deste novo Galiverso dos Museos, que poderá visitarse a partir do martes, de balde, na Cidade da Cultura. Román Rodríguez salientou o potencial dun proxecto que une arte e tecnoloxía para construír experiencias educativas e de ocio singulares coas que descubrir o patrimonio galego, e que visitaron xa máis de 18.000 persoas. Nesta quinta montaxe, o Galiverso dos Museos permite achegarse á colección artística, etnográfica e arqueolóxica conservada nos museos públicos galegos.
O pasado sábado celebrouse na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos a gala de clausura e a entrega de premios da Fancine de Lemos 2023. Conducido pola xornalista monfortIna Manola Porto, e coa intervención de Iván Patiño, director do festival e Marina Doutón, concelleira de cultura, entregáronse na gala os premios á Mellor Curtametraxe Galega, Mellor Curtametraxe Española, Mellor Curtametraxe Internacional e Premio do Público.
A compañía andaluza Atalaya Teatro celebra o seu 40 aniversario da mellor das maneiras posibles en Cangas, recibindo o Premio do Público desta tamén 40 edición da Mostra. Este recoñecemento é froito das votacións anónimas que os espectadores e espectadoras poden emitir ao final de cada obra no Auditorio. Ao finalizar o espectáculo, o público ten á súa disposición uns papeis co nome da obra dese día cunha puntuación do 1 ao 5 para que fagan a súa valoración.
Sabrina Fernández Casas (Xenebra, 1988), Diego Vites (O Grove, 1986) e Violeta Iglesias (Ribeira, 1998) resultaron gañadores da III Edición do Programa de Residencias Artísticas Fundación María José Jove, en colaboración coa Universidade da Coruña, a través do Espazo de intervención Cultural NORMAL da UDC.
A novena edición do Festival de cine Fantástico e de Terror Fancine de Lemos comeza este mércores 5 de xullo coa gala inaugural que terá lugar ás 21.00 horas na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Na gala, que será conducida por Manola Porto, xornalista e locutora de Onda Cero Monforte, e que contará coa intervención de Iván Patiño, director do festival, e Marina Doutón, concelleira de cultura de Monforte de Lemos, entregarase o premio de honra Fancine 2023 á actriz e actriz de dobraxe Marian Salgado.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da nova edición do Festival Groba que comezará o 12 de agosto en Ponteareas co apoio da Xunta e que, tras o éxito da pasada edición, repetirá o seu programa especial pedagóxico para artistas novos e estudantes, centrado na práctica da música de cámara. O Director tivo un recordo especial ao mestre Groba, finado en 2022, impulsor dunha iniciativa que ano a ano demostra o potencial da música clásica en Galicia.
É unha canción doce, elegante e emotiva que, aínda que parece de amor -como así é - esconde unha historia. Composta como un
tributo ao escritor gallego Domingo Villar, a canción presentouse de xeito acüstico no acto celebrado na FNAC de Callao en Madrid, en outubro de 2022 e diante da emocionada familia do literato. Cun ritmo entre a balada e o suave reggaeton do estribillo, a canción desenvólvese no mundo do cantautor, onde a historia manda e a música aporta fermosura.
Do 21 de xuño ao 29 de xullo a Igrexa da Universidade abeirará a mostra 'Fragmentos de onte', unha exposición que parte do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson para tecer un itinerario pola Galicia dos anos 20 do século pasado. Promovida por Bodegas Martín Códax en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas, a mostra conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela.
Unha clara aposta pola diversidade e polos valores emerxentes, así se presenta unha MIT que reúne máis de vinte espectáculos e varias actividades escénicas complementarias arredor do lema memoria, cohesión e innovación. Querer descubrir as creacións da xente moza do panorama estatal, moitas delas recoñecidas con premios revelación e de novos talentos, ese é o espírito dunha MIT que tamén mira para aquela mocidade de Abrente que con valentía e ilusión afrontou un movemento revolucionario.
O programa da novena edición do Fancine de Lemos presentouse esta mañá en rolda de prensa na Casa do Concello de Monforte. O festival, referente galego do cinema fantástico, chega este ano á súa novena edición con cinco días de proxeccións de curtametraxes, longametraxes e actividades paralelas arredor da produción e distribución de proxectos cinematográficos e da arte da creación de pezas e obxectos de terror.
Dez propostas achegarán de novo a música dos séculos XX e XXI a Compostela, nunha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea, en cuxa organización intervén a USC, que terán lugar do 1 ao 27 de xuño en varios espazos da cidade, con entradas de balde. As XMC están organizadas por Auditorio de Galicia e o Centro Galego de Arte Contemporánea, e contan co apoio económico da Deputación da Coruña.